IGUALDADE

O Concello de Santiago condena os últimos crimes machistas e garda un minuto de silencio en memoria das vítimas

26/10/2015

O Concello de Santiago expresou hoxe a súa condena aos últimos asasinatos machistas, que lle custaron a vida a tres mulleres en Tenerife, Málaga e na localidade pontevedresa de Ponte Sampaio. Fíxoo gardando un minuto de silencio este mediodía na praza do Obradoiro, dándolle cumprimento así á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro. No que levamos de ano, 39 mulleres foron asasinadas por homes cos que tiñan ou tiveran unha relación sentimental, cinco delas en Galicia.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello e a Fundación Ingada estudan fórmulas de colaboración

26/10/2015

O alcalde de Santiago amosou hoxe a súa vontade de colaborar na sensibilización da sociedade en todo o que ten que ver coa TDAH, o Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade. Foi no transcurso da reunión que Martiño Noriega mantivo este mediodía cos responsables da Fundación Ingada, co seu presidente, Ángel Carracedo, á cabeza. O rexedor compostelán gabou o traballo que desenvolve esta entidade, única deste tipo no conxunto do Estado.

Ler máis

MOCIDADE

O VIII Certame MúsicaXove impulsará un ano máis a artistas emerxentes que desenvolvan a súa actividade en Galicia

26/10/2015

A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou esta mañá a VIII edición do certame MúsicaXove, co obxectivo de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical da mocidade, como unha iniciativa máis nun conxunto de propostas que tratan de poñer en marcha estratexias nesta perspectiva. Noa Morales destacou que "se trata do oitavo ano que se celebra este certame, esta edición coa novidade de ter só unha categoría en vez das catro habituais".

Ler máis

ALCALDÍA E ESPAZOS CIDADÁNS

O Goberno local, en conversas para anular o convenio co aparcadoiro de Galeras

26/10/2015

O alcalde confirmou hoxe que o Goberno local está falando coas partes implicadas para anular o convenio coa concesionaria do estacionamento de Galeras que contemplaba a construción de novos accesos ao aparcadoiro ocupando espazo público. Martiño Noriega deulle conta destas conversas á Asociación de Veciños do barrio, nunha reunión celebrada este mediodía no Pazo de Raxoi.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reúnese co comité executivo da Confederación de Empresarios da Coruña

26/10/2015

O alcalde de Santiago reuniuse esta mañá co comité executivo da Confederación de Empresarios da Coruña, encabezado polo presidente da CEC, Antonio Fontenla. Foi unha primeira xuntanza de toma de contacto, na que Martiño Noriega e os representantes da patronal coruñesa puxeron sobre a mesa algunhas preocupacións comúns, fundamentalmente en materia de infraestruturas.

Ler máis

CONSORCIO

A vindeira semana remata o prazo para que rapaces de 5 a 14 anos se inscriban no curso de corda da Escola de Altos Estudos Musicais

26/10/2015

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela préstalle unha especial atención á formación musical dos máis pequenos. Así, o centro pon en marcha unha nova edición do curso de corda para nenos, centrado nas especialidades de violín, violoncello e contrabaixo. As clases comezarán en novembro de 2015 e prolongarase ata o mes de maio de 2016.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Camerata OSG, baixo a dirección de Wladimir Rosinskij, estará este martes nas Xornadas de Música Contemporánea

26/10/2015

As Xornadas de Música Contemporánea entran no seu tramo final e clausuraranse este xoves, día 29, pero antes aínda teremos a posibilidade de achegarnos a esta música cunha cita cada día. A deste martes 27 é coa Camerata OSG, dirixida por Wladimir Rosinskij e á que poderemos escoitar ás 20:30 horas no Salón Teatro. A entrada será de balde previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 h ou xa no propio Salón Teatro dende unha hora antes de que comece o...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"Mediterránea", en proxección simultánea en oito cidades europeas, entre elas Compostela

26/10/2015

O vindeiro 11 de novembro celebrarase un evento pioneiro na traxectoria do Premio LUX, que terá como protagonista unha das finalistas do galardón: Mediterránea, de Jonas Carpignano. A película proxectarase de forma simultánea en oito cidades europeas diferentes: Santiago de Compostela (dentro da programación de Cineuropa), Sevilla (durante o Festival de Cine Europeo de Sevilla, SEFF), París (no Forum des Images), Bratislava (no Festival de Bratislava), Cork (durante o Festival de Cork), Lisboa (na sala Cinema City Alvalade) e Bucarest...

Ler máis
Compartir: