DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

En marcha as obras de humanización de Carreira do Conde, que suporán a mellora da calidade de vida dos habitantes desta zona

12/01/2015

As obras tamén contemplan a valoración da fonte existente como un elemento singular e a redución do costo de mantemento mediante a utilización de materiais pétreos e formas compactas. Tamén se levarán a cabo actuacións de reparación e mantemento das beirarrúas da Avenida de Xoán Carlos I que lindan co Parque da Alameda, nas que se instalará unha nova pavimentación e mellora da accesibilidade.

Ler máis

CULTURA

Lola Herrera e Héctor Alterio, por primeira vez xuntos en "En el estanque dorado", coa que se inagura o ciclo de Teatro

12/01/2015

A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron esta mañá o avance da programación do ciclo de Teatro para xaneiro e febreiro. Lola Herrera, Héctor Alterio, Juan Fernández, Guillermo Barrientos, María Galiana, Juan Echanove, Iñaki Miramón e Toni Acosta, son algúns dos actores e actrices que presentarán os seus traballos na nosa cidade dentro do ciclo. As entradas poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal,...

Ler máis

CULTURA

O violinista francés Amaury Coeytaux dará clases a oito músicos galegos na Escola de Altos Estudos Musicais

12/01/2015

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do violinista francés Amaury Coeytaux. Ademais dos alumnos da Escola, hai oito prazas para músicos externos ao centro.

Ler máis
Compartir: