DEPORTES

Santiago será a sede da segunda edición da Marcha unificada de persoas con e sen discapacidade Special Olympics Galicia

04/09/2014

Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do Deporte e do Ocio, organiza en Santiago a II Marcha unificada de persoas con e sen discapacidade, con motivo da chegada á cidade da Volta Ciclista a España 2014. O Concello colabora con esta actividade, prevista para o domingo 7 de setembro.

Ler máis

CONSORCIO

Aparecen monteas do século XVIII de gran valor histórico-artístico no chan de lousas de pedra da igrexa conventual de Santa Clara

04/09/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, visitaron esta mañá as obras que se están a realizar na igrexa do Convento de Santa Clara. A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago está a traballar na restauración da tarima de madeira que cobre o chan do templo, xa que estaba afectada por pudricións e deteriorada en moitas zonas, o que dificultaban o normal deambular. O orzamento das obras ascende a 55.418 euros.

Ler máis

TURISMO

Compostela Gastronómica abre o prazo de inscrición nas súas actividades

04/09/2014

Do 18 ao 29 de setembro, Santiago celebra o I Festival da Cociña Galega Compostela Gastronómica, un evento que incluirá un completo programa de actividades para público xeral e profesionais da hostalería. Os interesados en participar en calquera dos obradoiros —de cociña infantil, fotografía gastronómica, fabricación de pan, pastelería, café, algas ou coctelería, entre outros—, encontros con chefs, sesións de cata, degustacións de produtos ou cursos de cultura do viño poden facer...

Ler máis
Compartir: