TURISMO

Unha delegación de FEAFES Galicia foi recibida en Raxoi tras realizar o Camiño

26/09/2014

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiu en Raxoi unha delegación da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia), tras realizar por quinto ano consecutivo o Camiño de Santiago. Percorreron a ruta uns 50 peregrinos, entre os que se atopaban persoas con enfermidade mental, monitores e un pequeno grupo de familiares.

Ler máis

ALCALDÍA

Encontro do alcalde con alumnos alemáns

26/09/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira Marta González recibiron na Casa do Concello un grupo de alumnos e alumnas do instituto alemán Carl-Benz-Gymnasium, de Ladenburg, vila situada ao norte do Estado de Baden-Württemberg, no val do alto Rin.

Ler máis

TURISMO

O escritor Javier Ozores conduciu o obradoiro "Merco, cociño e como con..." no festival Compostela Gastronómica

26/09/2014

O obradoiro Compro, cociño e como con... abriu o programa de actividades do venres en Compostela Gastronómica, I Festival da Cociña Galega. Xunto a Javier Ozores, escritor gastronómico, produtor cinematográfico e membro da Academia Galega de Gastronomía, os participantes achegáronse a facer unha compra en Gadis —patrocinador da actividade—, para despois cociñar e finalmente degustar uns pratos escollidos por el e pola cociñeira que o acompaña, Gabriela Araujo. Trátase de varios pratos de...

Ler máis

CONSORCIO

O alcalde presentou "Picheleir@s", que reúne a historia de 30 persoeiros cos oficios máis relevantes na cidade dende a Idade Media

26/09/2014

O Consorcio de Santiago inauguraba en xullo a exposición Picheleir@s, un conxunto de bandeirolas que aínda permanecen penduradas de 30 edificios do casco histórico compostelán e que recollen a maioría de oficios e profesións con relevancia na cidade dende a Idade Media a través dos seus protagonistas. O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Agustín Hernández, e a concelleira de Cultura, María Antón, presentaron no Museo das Peregrinacións e de Santiago o libro relativo a esta mostra, que o...

Ler máis

ALCALDÍA

AGADEA celebrou o seu 20º aniversario

26/09/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu aos actos de conmemoración do 20º aniversario de AGADEA (Asociación Galega para a Axuda a Enfermos con Demencia tipo Alzheimer), celebrados no Hotel Monumento San Francisco.

Ler máis

CULTURA

António Zambujo, a voz portuguesa masculina máis internacional do fado, presenta "Quinto" dentro de Sons’14

26/09/2014

A voz portuguesa máis internacional do fado, António Zambujo, presenta en Compostela o seu último traballo, Quinto. Será este sábado 27, a partir das 21:00 horas, no Auditorio de Galicia, e enmarcado dentro do ciclo Sons’14. As entradas para este concerto poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), así como en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Ademais, o día do concerto tamén se poden mercar no despacho de billetes do...

Ler máis
Compartir: