NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Auditorio acolle a representación da obra de teatro infantil "As fabas máxicas"

16/09/2014

A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o actor e responsable de Caramuxo Teatro, Juan Rodríguez, presentaron o espectáculo As fabas máxicas. Esta obra de teatro infantil, incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes 2014, representarase este domingo 21, ás 12:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Ler máis

CONSORCIO

Un silledense de 24 anos, novo violoncellista da Real Filharmonía de Galicia

16/09/2014

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) convocou un proceso selectivo para cubrir unha praza de violoncello. Os aspirantes pasaron por unha primeira rolda eliminatoria mediante currículo, na que o tribunal valorou a súa experiencia laboral e profesional. Os candidatos que superaron esta fase tiveron que someterse a unha audición, á que concorreron un total de 24 músicos. O posto conseguiuno finalmente Millán Abeledo Malheiro, natural do concello pontevedrés de Silleda.

Ler máis

CULTURA

German Díaz presenta "Método cardiofónico" dentro do ciclo SonsJazz’14

16/09/2014

O ciclo SonsJazz’14 arranca nesta segunda parte do ano co concerto de German Díaz que presenta Método cardiofónico. Será este mércores 17 de setembro, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas poden adquirise no despacho de billetes do Teatro Principal -aberto de 18:00 a 21:00 horas- e teñen un prezo de 10 euros anticipada e de 12 o propio día do concerto.

Ler máis

TURISMO

Vinte e cinco establecementos de Santiago participan na ruta Menús de Mercado de Compostela Gastronómica

16/09/2014

Compostela Gastronómica, o Festival da Cociña Galega que celebrará a súa primeira edición do 19 ao 28 de setembro, inclúe entre as súas actividades unha ruta de Menús de Mercado, na que tomarán parte 25 establecementos de Santiago. Ao longo de dez xornadas, diversos restaurantes, hoteis, mesóns, taperías e viñotecas da cidade ofrecerán menús especiais cuxo nexo común é do estar elaborados a base de produtos frescos e de tempada adquiridos no Mercado de Abastos. Os...

Ler máis
Compartir: