ALCALDÍA

A familia de Carlos Maside cede ao Concello 21 cadros do legado do artista

20/06/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e José Carlos, Josefina, Xulio e Rosa Mª Maside Medina, familiares de Carlos Maside, asinaron un convenio de colaboración para a cesión temporal de obras de arte do legado do artista. Esta colección consta de 21 cadros, que se exhibirán nunha serie de exposicións.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Conxo celebra o San Xoán cunha xornada chea de actividades culminada por unha gran cacharela con meiga incluída

20/06/2014

O barrio de Conxo organiza unha nova edición do seu tradicional San Xoán. A celebración terá lugar dende a tarde ata ben entrada a noite do 23 de xuño na praza do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre. O calendario de actividades foi presentado en rolda de prensa pola concelleira Reyes Leis e membros da Coordinadora de Festas Tradicionais do Barrio de Conxo.

Ler máis

REFUXIO DE ANIMAIS

Os participantes no curso de perruquería equina e canina da UMAD realizaron prácticas cos cans do Refuxio de Bando

20/06/2014

Os alumnos e alumnas no curso de perruquería equina e canina organizado pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD) remataron as súas prácticas no Refuxio de Bando con varios cans do recinto. Así colaboraron tamén coa actividade da protectora para facilitar a adopción dos animais. A concelleira Reyes Leis achegouse ata Bando para presenciar a actividade e entregar os seus diplomas aos alumnos.

Ler máis

CULTURA

O contratenor José Hernández Pastor e Galicia Brass, no programa desta fin de semana do Via Stellae

20/06/2014

Logo da inauguración da man de Resonet, esta fin de semana continúa a programación da novena edición do Via Stellae. Este sábado 21 poderemos escoitar ao contratenor José Hernández Pastor que, xunto a Manuel Minguillón, arquilaúde, e Calia Álvarez, viola de gamba, estarán ás 20:30 horas en San Fiz de Solovio co programa Il primo gran divo… Baldassare Ferri. O domingo estará Galicia Brass, que presenta Brass Cats… un novo ensemble de metais ás 18:30 horas no Hostal dos Reis...

Ler máis
Compartir: