DEPORTES

Máis de 1.000 persoas pecharán o ano polas rúas da cidade na segunda edición da San Silvestre, que nesta ocasión terá como meta a praza do Obradoiro

15/12/2014

A concelleira de Deportes, María Corral, presentou a segunda edición da San Silvestre de Santiago, unha proba que pretender culminar dunha forma sa e festiva o ano atlético na cidade. A carreira celebrarase o mércores 31 de decembro ás 18.00 horas, cun percorrido renovado e máis atractivo: con saída na Porta dos Leóns da Alameda e chegada na Praza do Obradoiro. Espérase a participación de máis de 1000 atletas, superando os 700 da pasada edición.

Ler máis

CULTURA

‘3 sopranos, 3 estilos’ no Todo Lírica de 2014

15/12/2014

A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron o programa que traerá o 20 de decembro a Ángeles Blancas con cancións de cabaré e o 28 a Carmen Romeu con canción popular francesa; xa o 3 de xaneiro chegará a copla da man de Mariola Cantarero.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local de Santiago de Compostela resolve un accidente causado por un vehículo que se deu á fuga

15/12/2014

A Unidade de Atestados da Policía Local de Santiago de Compostela resolveu un accidente con danos materiais causado por un vehículo que se deu á fuga a madrugada do domingo día 7 de decembro. A forte colisión produciuse contra un vehículo estacionado, que como resultado deste impacto desprázase cara a adiante causando danos nunha árbore e impactando contra outro vehículo estacionado.

Ler máis
Compartir: