XUNTA DE GOBERNO

Comenzan a principios de ano as obras da explanada para o campo da festa e pista polideportiva, e o parque público e parque infantil de Angrois.

12/12/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, informou hoxe en Xunta de Goberno da adxudicación das obras para a creación do campo da festa e pista polideportiva en Angrois e para o acondicionamento dunha zona de descanso para peregrinos, parque público e parque infantil tamén nesta parroquia compostelán. As obras comezarían a principios do vindeiro ano.

Ler máis
Compartir: