XUNTA DE GOBERNO

Novos semáforos para peóns fronte ao IES Rosalía de Castro e no Camiño Francés

07/11/2014

O alcalde, Agustín Hernández, anunciou a próxima colocación de novos semáforos para peóns en dous puntos cun importante tránsito de viandantes: nas proximidades do Instituto Rosalía de Castro e na avenida do Camiño Francés. A Xunta de Goberno aprobou a apertura do procedemento para adxudicar o subministro e a instalación destes elementos, por un importe total de 62.767 euros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a dotación de mobiliario do futuro Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga

07/11/2014

A Xunta de Goberno abriu o procedemento para adxudicar o subministro e instalación de mobiliario do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga. Destínanse 47.824 euros para este contrato, que suman aos 229.722 euros das obras de construción deste novo equipamento, actualmente en fase de licitación e que teñen un prazo de execución de seis meses.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde cualifica de "histórico" para Santiago e para Conxo o inicio das obras do paso inferior, unha infraestrutura "imprescindible para a cidade"

07/11/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao acto de colocación da primeira pedra das obras de construción do paso inferior de Conxo, presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor. Cualificou de "histórico" para Santiago e para o barrio de Conxo este día, no que se "inicia o remate do periférico". "Comeza a conta atrás para completar unha infraestrutura imprescindible para a cidade", indicou.

Ler máis

CULTURA

"Une nouvelle amie", de François Ozon, inaugura a 28ª edición de Cineuropa

07/11/2014

A 28ª edición de Cineuropa arranca este domingo cargada de cinema de calidade que se poderá ver na cidade ata o día 30 de novembro. Serán un total de 222 películas no Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC e Afundación de Abanca. Na primeira xornada do festival xa se exhibirán 11 deses filmes, entre os que destaca a película inaugural, Une nouvelle amie, de François Ozon, incluída na Sección Oficial do festival. Será ás 19:30 horas no Teatro Principal, nunha proxección de balde...

Ler máis
Compartir: