PLENO

O Pleno aproba o investimento de 1,2 millóns de euros de remanentes nun plan de actuacións urxentes e sustentables na cidade

06/11/2014

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria, aprobou inicialmente a amortización anticipada de débeda e o financiamento de investimentos con cargo ao remanente líquido de tesourería. Deste xeito, porase en marcha un plan de choque de actuacións sustentables e urxentes na cidade, por importe de 1,27 millóns de euros. Trátase dunha cantidade procedente do remanente de 5,2 millóns de euros dos orzamentos de 2013. O resto, algo máis de 4 millóns de euros, destinarase a amortizar débeda.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Nova edición da Festa das Cabazas e do magosto veciñal no barrio de Conxo

06/11/2014

Un ano máis, a Coordinadora de Festas Tradicionais do Barrio de Conxo, integrada pola Asociación de Veciños Conxo Aberto, a Asociación de Comerciantes Espertaconxo, a Asociación de Música Tradicional de Conxo e o Centro Sociocultural de Conxo organiza este sábado 8 de novembro a terceira edición da Festa das Cabazas, que de novo contará cun magosto ao que están convidados non só os veciños e veciñas de Conxo, senón de toda Compostela.

Ler máis

ALCALDÍA

Agustín Hernández reivindica o importante labor realizado na cidade en materia de patoloxías óseas e traumatoloxía

06/11/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou no Auditorio Abanca o XIX Congreso Nacional da SEIOMM (Sociedade Española de Investigación Ósea e do Metabolismo Mineral), que se celebra en Santiago do 5 ao 7 de novembro. Este encontro, que reúne prestixiosos especialistas nacionais e internacionais, pretende unha posta ao día dos avances científicos máis recentes e mellorar a práctica clínica e científica na investigación ósea e o metabolismo mineral.

Ler máis

ALCALDÍA

Agustín Hernández resalta o secular papel de Santiago de Compostela na creación dunha conciencia común europea

06/11/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu os participantes na Asemblea Xeral da Conferencia de Asembleas Lexislativa Rexionais de Europa (CALRE), da que forman parte oito países da Unión Europea: Bélxica, Alemaña, Italia, Austria, Portugal, Reino Unido, Finlandia e España). Este venres, o rexedor municipal asistirá tamén no Parlamento á inauguración da Asemblea.

Ler máis

CULTURA

Guitar Crusher abre Cineuropa Concerto

06/11/2014

Un par de días antes de que comecen as proxeccións de Cineuropa, iníciase xa o Cineuropa Concerto con Guitar Crusher, considerado un dos últimos bluesman auténticos. Será este venres 7 de novembro, ás 21:30 horas, na Sala Capitol e enmarcado ademais no ciclo Blues Nite by 1906. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Principal, en entradas.abanca.com, no 902 434 443, en A Reixa Tenda ou na propia Sala Capitol a un prezo de 12 euros anticipada e 15 euros o día do concerto.

Ler máis
Compartir: