SEGURIDADE E MOBILIDADE

Voluntarios de Protección Civil de Santiago de Compostela fórmanse para a condución de vehículos en servizo urxente

25/11/2014

Nove voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Santiago comezaron as clases teóricas nunha autoescola compostelá para poder obter o carné BTP. Esta permiso facultaraos para conducir vehículos prioritarios en servicio urxente (ambulancias e vehículos de Policía, Protección Civil e Bombeiros), taxis, vehículos destinados a transporte escolar cando leven escolares, e vehículos destinados a transporte público de viaxeiros que non superen os 3.500 quilos de masa máxima autorizada e con nove asentos...

Ler máis

COMERCIO

Xogo de pistas esta fin de semana en Vite, Guadalupe e San Caetano no marco da campaña "Revive o barrio"

25/11/2014

O Concello de Santiago desenvolve a finais de novembro e na primeira quincena de decembro a campaña Revive o barrio, dentro do proxecto Urbana Santiago Norte. Dentro deste programa, os barrios de Vite, Guadalupe e San Caetano serán escenario dun xogo de pistas esta fin de semana. O xogo comezará este sábado e o lugar de reunión dos participantes será o Centro Sociocultural José Saramago de Vite (rúa Carlos Maside, 7).

Ler máis

SERVIZOS SOCIAIS

O Concello organiza o II Congreso Internacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero

25/11/2014

Este 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Dentro dos actos para conmemorar este día, a Concellería de Servizos Sociais, a través do Centro de Información á Muller (CIM) organiza o II Congreso Internacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero, que se celebrará os días 27, 28 e 29 de novembro na Cidade da Cultura.

Ler máis

CULTURA

O director danés Nils Malmros recibe o último Premio Cineuropa desta edición

25/11/2014

Este martes, o festival Cineuropa entrega o último dos seus premios, dedicado nesta ocasión a Nils Malmros, o cineasta que se sentou cinco días ao noso carón a ver o seu cinema para logo falar sobre el. A cerimonia, á que seguirá un novo pase da asombrosa Sorrow and Joy, terá lugar ás 20:45 horas no Salón Teatro, onde Malmros recibirá o premio de mans da concelleira de Cultura, María Antón. Horas antes de recibir o galardón, o director conversou cos medios de comunicación nunha rolda de...

Ler máis

CULTURA

Varias estreas este mércores 26 en Cineuropa

25/11/2014

As estreas deste mércores darán comezo ás 16:00 h. no Teatro Principal co primeiro pase de Lawless, de John Hillcoat. A historia, unha nova proposta de cine negro, está baseada nunha novela de Matt Bondurant sobre feitos que lle aconteceron a súa familia nos tempos da "lei seca". Ten o atrativo de estar guionizada por Nick Cave, todo un home orquestra, e por contar coa presenza de actores como Shia LaBeouf ou Jessica Chastain.

Ler máis
Compartir: