TURISMO

Santiago promociónase como destino de congresos e eventos na feira profesional máis importante de España

18/11/2014

Turismo de Santiago, a través do seu servizo para a promoción da cidade como destino de congresos, xornadas e eventos, o Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), participa na EIBTM Barcelona, a feira profesional máis importante do sector en España. A EIBTM, que se celebra entre o 18 e o 20 de novembro, contará con 3.000 expositores de 150 países e con máis de 15.000 profesionais.

Ler máis

CULTURA

Varias estreas no festival Cineuropa na xornada do mércores 19

18/11/2014

De entre a extensa programación desta undécima xornada, Cineuropa destaca as súas variadas estreas. A primeira delas é Bande de filles, a terceira das películas candidatas aos Premios Lux. Unha historia de Céline Sciamma sobre o sentimento de unión entre un grupo de rapazas fronte a un mundo que lles é hostil e a súa progresiva tendencia cara á violencia. Narrada de forma crúa pero honesta, non carente de certa tenrura, Bande de filles estrearase no Teatro Principal ás 20:00 horas.

Ler máis
Compartir: