CULTURA

Quico Cadaval presenta "Zona Portuaria" dentro do ciclo Falabaratos

08/03/2012

O ciclo Falabaratos, da Concellería de Cultura, que se inaugurou o 14 de febreiro con David Amor, continúa coa súa programación neste mes de marzo. Así, o venres 9 de marzo chega a cita con Quico Cadaval e a súa Zona Portuaria. Será no Teatro Principal ás 21:00 horas e as entradas poden mercarse, a un prezo de 8 euros, nas billeteiras do propio Teatro en horario de 18:00 a 21:00 horas. Despois de Cadaval chegarán ao Principal, dentro deste ciclo, Sergio Pazos, Luis Piedrahita, Godoy, Pepo Suevos, Oswaldo...

Ler máis

MULLER

Recoñecemento ás mulleres anónimas que loitan cada día pola igualdade

08/03/2012

A concelleira de Familia, Benestar Social e Muller, Paula Prado, participou no Centro Socicomunitario da Porta do Camiño no acto conmemorativo do Día da Muller organizado polo Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte. Alí, coas usuarias da residencia, foi momento para recoñecer o esforzo de moitas mulleres anónimas que cada día intentan crear un mundo máis igualitario.

Ler máis
Compartir: