CULTURA

A Banda Municipal celebra o Día da Muller Traballadora cun concerto especial

02/03/2012

Un ano máis, a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela súmase á celebración do Día da Muller Traballadora. Faino cun concerto especial no que a solista convidada será a clarinetista Amelia Ónega Otero. Será o domingo 4 de marzo, a partir das 12:00 horas, no Teatro Principal, con entrada de balde. Este concerto, ademais de estar dedicado ao Día da Muller Traballadora, está incluído dentro do exitoso ciclo de Novos Intérpretes Galegos.

Ler máis

CULTURA

"Zoo", unha comedia de Yllana no Principal

02/03/2012

O domingo 4, Yllana montará o seu Zoo no Teatro Principal e os composteláns poderán velo a partir das 20:00 horas en sesión única. César Maroto, Elena Lombao, Susana Cortés e Rubén Hernández garanten risas e unha boa tarde. As entradas, a 12 € (8 € no anfiteatro) poden mercarse en Novagaliciabanco ou nas billeteiras do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 horas.

Ler máis

CULTURA

A compañía A Xente das Palabras presenta o concerto familiar "A Berenguela"

02/03/2012

A compañía A Xente das Palabras presenta o sábado 3 o concerto familiar A Berenguela, unha opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes sobre un texto de Manuel María. Será no Teatro Principal a partir das 19:30 horas, cunha duración de 50 minutos. A obra está recomendada para cativos e cativas de entre 4 e 10 anos. As entradas, a un prezo de 6 euros adulto e 3 euros nenos, pódense mercar na billeteira do Teatro Principal de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.

Ler máis
Compartir: