EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Ampliado o Programa de Conciliación de Verán aos días 9 e 10 de setembro

08/05/2019

O Departamento de Educación do Concello de Santiago ampliou o Programa de Conciliación Laboral e Familiar aos días 9 e 10 de setembro. Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP Monte dos Postes e do CEIP Vite 1, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.

Ler máis

CENTROS CÍVICOS

"Vive o Verán" chega a cinco centros cívicos urbanos e catro parroquias para facilitar a conciliación nas mañás de xullo

08/05/2019

A Concellaría de Centros Cívicos volve poñer en marcha o programa Vive o Verán para favorecer a conciliación no mes de xullo e tamén, por primeira vez, no mes de agosto. O Departamento oferta 150 prazas para participar nas actividades, que se desenvolverán en cinco centros urbanos, e outras 100 prazas en centros do rural de Compostela. O prazo de preinscrición está aberto dende hoxe mércores ata o 23 de maio.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Davide González inaugura en Santiago o programa de Residencias Paraíso 2019

08/05/2019

Residencias Paraíso comezou o seu terceiro ano de vida como programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas en Galicia. Os detalles da iniciativa foron presentados pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, nunha rolda de prensa na que tamén estiveron Caterina Varela, Félix Fernández e Rut Balbis, do Colectivo RPM; e Davide González, da compañía Incendiaria, residente na Sala Agustín Magán.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello de Santiago tramita a súa adhesión ao sistema VioGén contra a violencia machista

08/05/2019

O Concello de Santiago vén de iniciar os trámites para a súa adhesión, a través da Policía Local, ao sistema VioGén, o sistema de seguimento integral dos casos de violencia machista liderado polo Ministerio de Interior. Este foi un dos asuntos abordados na Xunta Local de Seguridade, celebrada esta mañá baixo a presidencia do alcalde, Martiño Noriega, e da subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo.

Ler máis
Compartir: