CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia pecha a tempada de abono 2018/2019 coa estrea en España de "A balada do cárcere de Reading", de Jonathan Rathbone

27/05/2019

A Real Filharmonía de Galicia pecha esta semana a tempada de abono con dous concertos dirixidos polo seu director titular, o mestre Paul Daniel. O primeiro soará o mércores 29 en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. O xoves, a orquestra tocará no Auditorio de Ferrol, tamén ás 20:30 horas, dentro da colaboración que a RFG mantén coa Sociedade Filharmónica Ferrolá. O ensaio xeral do mércores 29 no Auditorio de Galicia será aberto ao público ata completar aforo, e comezará...

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Escola Municipal de Música dedicará o seu festival de fin de curso á canción galega

27/05/2019

A Escola Municipal de Música celebrará seu festival de fin de curso 2018-2019 o vindeiro 21 de xuño ás 19:00 horas, no Auditorio de Galicia, baixo o título "50 anos da canción galega". Este festival enmárcase na liña de traballo iniciada o ano pasado con "A muller galega na música", na que a Escola érguese como centro vertebrador da recuperación e posta en valor do inmenso patrimonio musical feito en Galicia.

Ler máis
Compartir: