DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Nace "Compostela Móvese pola Economía de Proximidade" cunha liña de produción e distribución de produto de horta

02/05/2019

A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e Xosé Manuel Durán e Emilio Arias, da Asociación Non é o mesmo, presentaron hoxe o programa piloto Compostela Móvese pola Economía de Proximidade, que se inicia cunha liña de formación específica en materia de horticultura biolóxica profesional que anime a persoas con capacidade de produción hortícola a profesionalizar a súa actividade para facer da mesma unha liña de ingresos económicos para o núcleo...

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Alumnado de Vila Real (Portugal) devolve a visita ao CEIP López Ferreiro no marco do programa de intercambios escolares do Eixo Atlántico

02/05/2019

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta hoxe do programa de actividades que realizará o alumnado do López Ferreiro co alumnado de Vila Real (Portugal) no marco dos programas de intercambio do Eixo Atlántico. Os/as 30 escolares portugueses devolverán do 6 ao 8 de maio a visita que o alumnado compostelán de 5º e 6º de Primaria realizou os pasados 20, 21 e 22 de marzo.

Ler máis
Compartir: