MEDIO RURAL E IGUALDADE

Chega FICRural, a Feira de Economía e Cultura Rural, que se celebrará entre o 17 e o 23 de xuño

11/04/2019

O Concello de Santiago e a Deputación da Coruña organizan o FICRural (Feira Internacional de Economía e Cultura Rural e Alternativa), unha actividade nacida co obxectivo de ser un foro de intercambio e divulgación de experiencias en entornos rurais. Os detalles da iniciativa déronos esta mañá a concelleira de Igualdade e o concelleiro de Medio Rural, Marta Lois e Rafael Peña; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e Aser Álvarez, organizador do FICRural.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Aberto ata o 6 de maio o prazo para solicitar as axudas do "bonotaxi"

11/04/2019

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte as bases da convocatoria pola que se outorgan axudas individuais para uso do taxi para persoas con dificultades de mobilidade. Da apertura do prazo para solicitalas, novidades e características da mesma deu conta esta mañá a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, acompañada da traballadora social Ana Ares.

Ler máis

DEPORTE

Recoñecemento a un novo éxito do Arteal Tenis de Mesa

11/04/2019

O club Arteal Tenis de Mesa segue colleitando éxitos, xa que vén de proclamarse gañador da Copa do Rei 2019, motivo polo que os seus integrantes foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Martiño Noriega, e por outras integrantes da Corporación.

Ler máis

DEPORTE

Recepción en Raxoi á karateka Cristy Tojo

11/04/2019

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto con outras integrantes da Corporación, recibiu en Raxoi a Cristy Tojo, campioa de Europa sénior de Parakárate, na categoría de kata e na modalidade de diversidade visual.

Ler máis

CENTROS CÍVICOS

En marcha os "Espazos das Familias" nos centros cívicos

11/04/2019

Xa están en marcha, por segundo curso, os Espazos das Familias, organizados pola Concellaría de Centros Cívicos en colaboración coa Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy. As familias participantes celebraron onte unha xornada de encontro, no local social de Nemenzo.

Ler máis

CONSORCIO

A Escola de Altos Estudos Musicais imparte un curso de Especialización Instrumental dirixido a estudantes de grao medio ou superior

11/04/2019

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2019-2020. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.

Ler máis

CENTROS CÍVICOS

Os Cantos de Taberna chegan este venres á cidade histórica

11/04/2019

O ciclo de Cantos de Taberna impulsado pola Concellaría de Centros Cívicos volve mañá venres, e faino á cidade histórica. O programa, que se desenvolve da man da asociación Muiñeiros do Sarela, contará tamén desta vez coa participación da agrupación Vento Mareiro de Moaña.

Ler máis

ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Persoal municipal participa nunha demostración do funcionamento da administración electrónica

11/04/2019

Persoal municipal participou hoxe unha primeira demostración real da Plataforma de Administración Electrónica que se está a implantar no Concello de Santiago. A empresa provedora do servizo explicoulles aos/ás responsables dos departamentos municipais o funcionamento práctico do proxecto de modernización máis importante da historia recente da administración local.

Ler máis
Compartir: