ALCALDÍA

A cidade de Quito (Ecuador) toma como referencia o modelo de xestión do casco histórico de Santiago

27/11/2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu un grupo de arquitectos e expertos da cidade ecuatoriana de Quito que están en Santiago para coñecer os traballos de rehabilitación e xestión do centro histórico. Quito está a traballar no Plan de Xestión do seu centro histórico e elixiu a cidade de Santiago como un modelo de referencia. Tras ser recibida polo rexedor, a comitiva visitou o Pazo de Raxoi acompañada tamén polo concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e pola xerente do Consorcio de Santiago,...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Berio Molina gaña o Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

27/11/2017

Na súa décima edición, o Premio Auditorio de Galicia para Novos artistas recoñece o labor do creador sonoro Berio Molina (A Fonsagrada, 1979). Escapes, a peza que o fixo merecedor do primeiro premio do certame, é unha instalación sonora que explora, segundo o autor, "a capacidade dos obxectos de fuxiren das determinacións ordinarias e que procura desbloquear e desocultar relacións tópicas nas que operan sempre os poderes do cotián, ou do normativo, ou do normalizado", en palabras de Alberto R. de...

Ler máis

CONVIVENCIA

A Policía Local realiza esta semana controis no transporte escolar

27/11/2017

A Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha unha nova campaña de control do transporte escolar. No marco da mesma, a Policía Local realizará inspeccións entre o 27 de novembro e o 1 de decembro e o seu obxectivo é revisar que se cumpran os requisitos obrigatorios relativos ao transporte de menores en idade escolar, como o uso do cinto de seguridade, o acompañamento dunha persoa adulta autorizada ou a documentación actualizada do vehículo.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello celebrará o Día Mundial das Discapacidades coa proxección no Principal do documental "Máis ca vida" e da curta "Vida"

27/11/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou xunto co director e actor Rubén Riós, os dous traballos audiovisuais cos que se quere conmemorar o 4 de decembro, Día Mundial das Discapacidades. O documental Máis ca vida e a curtametraxe Vida serán proxectados no Teatro Principal o domingo 3 de decembro, ás 18:00 horas. Haberá tamén un coloquio e unha actuación do grupo Máis Boas cás Patacas". A entrada será de balde ata completar aforo.

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela Solidaria prepara un novo concerto benéfico

27/11/2017

O alcalde de Santiago mantivo unha reunión con representantes da asociación Compostela Solidaria, que informaron a Martiño Noriega sobre os preparativos do seu III Concerto Solidario. Será o 15 de decembro, ás 20:00 horas, no Auditorio Abanca, e os fondos recadados irán nesta ocasión para a asociación Centinelas.

Ler máis

ALCALDÍA

Martiño Noriega visita o Museo do Pobo Galego

27/11/2017

O alcalde visitou este mediodía o Museo do Pobo Galego, acompañado polo director do centro, Carlos García, e polo presidente do Padroado do Museo, Justo Beramendi. A visita responde ao convite da entidade e enmárcase, segundo explicou Martiño Noriega, "na aposta que están a facer as diferentes administracións para converter o Museo do Pobo Galego no museo nacional do país".

Ler máis

IGUALDADE

Marta Lois participou no acto da USC polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

27/11/2017

A educación é unha ferramenta fundamental para a erradicación da violencia de xénero, e como tal "é no ámbito educativo onde se deben deseñar e implementar proxectos e estratexias para previla, sendo este o primeiro paso para acadar un auténtico modelo educativo igualitario, capaz de rachar cos mitos, estereotipos e prácticas discriminatorias no referente ao xénero". Así comeza o manifesto de rexeitamento da violencia lido este luns no acto de conmemoración da USC do 25N, ao que asistiu a concelleira...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa clausura a súa 31ª edición coa entrega do Premio aos Dereitos Humanos e dos Premios do I Xurado Novo

27/11/2017

Este martes poñerase o punto final á 31ª edición de Cineuropa. En 2017, o festival ocupou 22 días dun mes de novembro no que se proxectaron 264 títulos de máis de 50 países en seis sedes compostelás. A cerimonia de clausura estará protagonizada polas/os compoñentes do I Xurado Novo de Cineuropa, sete mozas e mozos que valoraron ao longo destes días un total de 29 filmes e que outorgarán esta xornada os Premios á Mellor Película, Mellor Dirección, Mellor Guión,...

Ler máis
Compartir: