ALCALDÍA

A veciñanza da zona Urbana Sur está convidada este venres a un novo encontro "Ao vivo" co Goberno local

22/11/2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e os concelleiros e concelleiras do Goberno local manterán este venres 24 de novembro, un novo encontro "Ao vivo" coa cidadanía. Será ás 19:30 horas na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta. A esta xuntanza están convidados os veciños e veciñas de Santa Marta, Conxo, Choupaña, Volta do Castro e Vidán.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Os CSC de Vite e do Ensanche acollen este xoves dous obradoiros para restaurar computadores refugados

22/11/2017

No marco da campaña "Longa vida aos teus residuos electrónicos" e con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos, o colectivo Tropa Verde organiza dous obradoiros este xoves 23 de novembro. Realizaranse nos centros socioculturais de Vite, ás 17:00, e do Ensanche, ás 19:30 horas. Esta iniciativa lévase a cabo grazas a colaboración do Concello coas empresas Teimas Desenvolvemento, Revetia e Recyclia.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Andrey Zvyagintsev volve a Cineuropa con Nelyubov

22/11/2017

En 2014, o cineasta ruso Andrei Zvyagintsev acadou ducias de galardóns con Leviathan, un duro filme sobre a realidade social rusa que formou tamén parte da 28ª edición de Cineuropa. Con Nelyubov (Loveless) continúa afondando nas entrañas da clase media alta rusa a través do conflito dunha parella en proceso de divorcio que debe xuntar forzas para atopar ao seu fillo desaparecido. Na súa procura, topan cun Estado alleo aos requirimentos dos cidadáns. O Teatro Principal acolle ás 20:00 horas a...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Lasso é xa a nova cafetería-restaurante do Auditorio

22/11/2017

O servizo de restauración do Auditorio de Galicia abre de novo as súas portas. Este mércores 22 de novembro, Día Internacional da Música, é a data escollida para a festa de inauguración de Lasso, que comezará ás 20:00 horas e contará con música electrónica en directo por conta de DJ Mil. O espazo, que iniciou a súa actividade este luns, toma o nome do apelido materno do arquitecto responsable da construción do Auditorio, Julio Cano Lasso.

Ler máis
Compartir: