MEDIO AMBIENTE

Os veciños e veciñas participantes no proxecto piloto de compostaxe comunitaria reciben o seu primeiro compost

21/11/2017

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participou esta mañá na entrega de compost á veciñanza de Galeras que participa no proxecto piloto de compostaxe comunitaria. Os composteiros foron instalados no pasado mes de xuño en Galeras, Santa Marta e Salgueiriños, e nestes días empézase a retirar o primeiro compost que, segundo explicou o edil, "presenta unha moi boa calidade para ser utilizado como abono".

Ler máis

IGUALDADE

Un obradoiro de autocoñecemento para homes afondará na igualdade de xénero en seis sesións

21/11/2017

A concelleira de Igualdade, Marta Lois, e o axente José Expósito, do colectivo Micromachinhos, presentaron Autocoñecemento para o cambio, un obradoiro vivencial teórico-práctico para homes. O seu obxectivo é cambiar a perspectiva dos participantes respecto ao rol de xénero. As sesións celebraranse os días 24, 25 e 26 de novembro e 15, 16 e 17 de decembro no Centro Social do Matadoiro. A actividade enmárcase nas celebracións do 25 de Novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Ler máis

CONVIVENCIA

"Ti controlas. Ti decides", unha rodaxe de cine para previr o consumo de alcohol entre a mocidade

21/11/2017

Un coche volcado, tres rapaces feridos de diversa gravidade e numerosos medios de emerxencia traballando baixo a chuvia por salvar as súas vidas. Esta, que pode ser a instantánea dunha fatídica noite de excesos, será o realista escenario sobre o que mañá terá lugar a rodaxe do videoclip central da campaña "Ti controlas. Ti decides". Nela, a Policía Local de Santiago de Compostela procura conseguir que a xuventude sexa consciente, nunha linguaxe próxima e impactante, dos perigos da condución asociada ao...

Ler máis

MOBILIDADE

O novo mapa de rutas do transporte público garantirá máis frecuencias e mellor cobertura

21/11/2017

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presentou hoxe en rolda de prensa o novo deseño da rede de transporte urbano, que esta tarde será analizado durante a reunión do Pacto Local pola Mobilidade. Jorge Duarte explicou que o obxectivo da nova configuración "é lograr unha rede mellor adaptada ás características da cidade, máis eficiente, con maior cobertura xeográfica e que permita captar novos viaxeiros".

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello e a Unión de Consumidores de Galicia abren vías de colaboración

21/11/2017

O alcalde, Martiño Noriega, mantivo hoxe unha reunión co secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo, na que se exploraron novas vías de colaboración entre o Concello e a entidade. O rexedor explicou que se vai estudar a posibilidade de asinar un convenio que recolla esta cooperación.

Ler máis

CONSORCIO

O prestixioso frautista italiano Davide Formisano formará neste instrumento a intérpretes galegos

21/11/2017

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, o recoñecido frautista italiano Davide Formisano formará neste instrumento tanto a estudantes da escola como a alumnado externo interesado en perfeccionar a súa interpretación coa frauta.

Ler máis
Compartir: