ALCALDÍA E EDUCACIÓN

En marcha a XIX edición da Campaña Municipal de Animación á Lectura

27/03/2019

O alcalde de Santiago inaugurou a XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura, que se desenvolverá ata o 3 de maio. Martiño Noriega visitou a exposición aberta no Centro Social Abanca e conversou cos nenos e nenas que participaron durante a mañá nas sesións de contacontos e obradoiros.

Ler máis

DEPORTE

O Estadio Verónica Boquete acolle tres partidos clasificatorios para a Eurocopa Sub-19 feminina

27/03/2019

O Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro converterase nun dos epicentros do fútbol europeo durante os días 3, 6 e 9 abril coa celebración de tres partidos clasificatorios para a Eurocopa Sub-19, que terá lugar en Escocia durante o verán. Os detalles explicáronos esta mañá a concelleira de Deporte, Noa Morales; o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e o director deportivo da Federación, Manuel Fernández.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Brais Rodríguez presenta "Verticais" na Zona "C"

27/03/2019

Como gañador do accésit do Décimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, dende o Departamento de Acción Cultural convidouse a Brais Rodríguez a idear unha instalación específica para a Zona "C". Co nome de Verticais, Brais abre esta instalación este xoves 28 de marzo, ás 19:30 horas, na Zona C (Bonaval, 1). A intervención poderá visitarse ata o 26 de maio en horario de 16:00 a 20:00 horas (luns permanecerá pechada). Estará acompañado da concelleira de Acción...

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia ofrece o concerto "Mini Mozart" para os máis pequenos

27/03/2019

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a nenos e nenas de ata dez anos, o xoves 28 e o venres 29, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia. E o sábado, ás 18:30 horas, repetirase a actuación para o público infantil e familiar dentro do ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos.

Ler máis

PATRIMONIO

O Grupo de Cidades Patrimonio asina un convenio de colaboración coa Red Española de Albergues Juveniles

27/03/2019

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España firmou un convenio de colaboración coa Red Española de Albergues Juveniles (REAJ) co fin de potenciar o posicionamento de marca de ambas as dúas institucións e fomentar o coñecemento da Red de Albergues e dos destinos do grupo de Cidades Patrimonio nos principais mercados turísticos. O convenio asinárono este mércores o presidente do Grupo e alcalde de Cuenca, Ángel Mariscal, e o presidente do Consorcio REAJ, Francisco Javier Sánchez López.

Ler máis
Compartir: