DEPORTES

A San Silvestre volve despedir outro intenso ano atlético en Compostela

13/12/2019

Dende a mañá de hoxe venres está aberta a inscrición para unha nova edición da San Silvestre, a carreira coa que se despedirá deportivamente o 2019. Agárdase a participación de máis de 2.000 persoas nunha proba, xa consolidada no calendario atlético galego, convertida nun modo saudable e tamén festivo de pechar o ano.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde defende que non se pode permitir que o "fenómeno conxuntural" dos pisos turísticos "arrase co modelo de cidade"

13/12/2019

No Pleno o vindeiro xoves, 19 de decembro, votarase a aprobación dunha moratoria na concesión de autorizacións para pisos de uso turístico, tal como explicou esta mañá o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na súa habitual rolda de prensa dos venres. Esta é unha medida cautelar mentres se tramita unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para regular esta materia.

Ler máis

CONSORCIO

O legado de Carlos Maside trasládase hoxe venres da Universidade á Fundación Granell, onde permanecerá durante todo o vindeiro ano

13/12/2019

O legado do pintor Carlos Maside foi adquirido polo Consorcio de Santiago en 2018, por un importe global de 430.717 euros, o 50% do cal financiouno o organismo interadministrativo e a parte restante a Deputación da Coruña. O acordo entre ámbalas dúas institucións permite que as obras, ata entón en mans da familia, permanezan en Compostela, cumprindo así o desexo do artista.

Ler máis
Compartir: