MOBILIDADE
O Goberno inicia os trámites para a licitación do transporte público
A Xunta de Goberno deu hoxe o primeiro paso de cara a próxima licitación do servizo do transporte público, coa aprobación do estudo de custos do novo contrato. O informe será agora publicado na Plataforma de Contratación e despois dun prazo de exposición de vinte días será remitido á Oficina Nacional de Evaluación. Comeza así o procedemento para que Santiago teña unha nova rede de autobuses na que se introducirán importantes melloras, como a liña lanzadeira ao aeroporto, os buses...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O CSC Maruxa e Coralia acolle desde hoxe a exposición "Economía social no corazón da nosa historia"
O Centro Sociocultural Maruxa e Coralia acolle desde hoxe a exposición "Economía Social no corazón da nosa historia", organizada pola concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, e o Foro pola Economía Social Galega para darlle visibilidade a "un modelo que, alén das grandes cifras económicas, pón o foco na situación das persoas, a calidade do emprego, o uso responsable dos recursos ou o impacto ambiental". Así o explicou a concelleira María Rozas, que...
CAPITAL CULTURAL
A sétima edición do ‘Alguén que respira!’ pon o foco na poesía en territorio de conflito
Do 21 ao 23 de marzo, o festival converte Compostela na cerna da poesía en Galicia, cun amplo abano de actividades arredor da palabra e da música. O xornalista Alfonso Armada será o encargado de dar lectura ao manifesto que escribiu para conmemorar o Día Mundial da Poesía deste 21 de marzo. O Festival ‘Alguén que Respira! Poesía para corpo principal’ é unha iniciativa da Concellaría de Capital Cultural do Concello de Santiago, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e...
DEPORTES
Entréganse os VI Premios Santiago Deporte
O Auditorio de Galicia acolleu onte a gala dos VI Premios Santiago Deporte na que se fixo entrega dos galardóns nas 12 categorías desta edición cos que se busca recoñecer publicamente as persoas, entidades, centros educativos e empresas que polo seu labor desenvolvido ao longo da tempada 2022/23 ou no ano 2023 contribuíron ao fomento da práctica de actividade física e o deporte entre a poboación de Compostela.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello solicítalle á Xunta 2,6 millóns de euros para cofinanciar os servizos sociais comunitarios
A Xunta de Goberno acordou hoxe solicitarlle á Xunta de Galicia unha transferencia de 2,6 millóns de euros para o cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios, aos que o Concello de Santiago fai unha achega de 3,5 millóns de euros. Eses fondos destínanse maioritariamente ao Servizo de Axuda no Fogar. O executivo municipal tamén deu luz verde á recepción das obras de repavimentación da praza da Nosa Mercé de Conxo e ao inicio do procedemento para contratar a organización dunha nova edición da Festa dos Maiores,...
XUNTA DE GOBERNO
Nos próximos días abrirase o prazo de solicitude de autorizacións para usar as hortas municipais de Campo das Hortas, Santa Marta, Belvís e Caramoniña
A Xunta de Goberno local deu luz verde hoxe á apertura do prazo de solicitude das autorizacións para o uso hortícola das parcelas municipais dos parques Campo das Hortas, Santa Marta, Belvís de Arriba e de Abaixo e Caramoniña, tras confirmar a caducidade dos permisos outorgados entre 2008 e 2019. Tamén se aprobou o Plan de emerxencias ante situacións de seca para o abastecemento urbano da auga en Santiago.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O barrio de Santa Marta elixe a súa mascota
A veciñanza de Santa Marta poderá elixir unha mascota para o seu barrio, nun concurso organizado polo Centro Sociocultural de Santa Marta en colaboración coa Asociación Veciñal Vedesma. Trátase dunha iniciativa que procura "fomentar a creatividade e axudar a explorar a identidade de barrio", tal e como explicou o concelleiro Xan Duro.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Ábrese o prazo para solicitar as axudas de taxi para persoas con dificultades de mobilidade ou con limitacións no uso do transporte colectivo
A partir de mañá xa se poden solicitar as axudas individuais para uso do taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade, ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo, máis coñecidas como "bonotaxi". O orzamento, de 15.000 euros; e as bases, que hoxe publica o BOP, o Boletín Oficial da Provincia da Coruña, aprobáronse o pasado día 11 en Xunta de Goberno. O prazo de solicitude é de dez días hábiles, contados a partir do 19 de marzo.
SAÚDE
O Plan Municipal de Saúde Mental de Santiago marca unha estratexia encamiñada á prevención cunha campaña de sensibilización social
A concelleira Pilar Lueiro mantivo unha reunión de traballo sobre o desenvolvemento do Plan municipal de saúde mental, onde trazou a estratexia encamiñada á prevención, con campañas de sensibilización social, difusión de actividades e recursos de acceso libre e gratuíto, con especial atención ao suicidio e á mocidade. Incluirá tamén actuacións de integración comunitaria dirixidas ás persoas con trastornos para a creación e fortalecemento dunha rede de apoio.
LINGUA
Correlingua leva a festa do galego a once localidades de Galicia
Concertos, regueifas, obradoiros, concursos e carreiras volven ser a festa de reivindicación do uso do galego na 24 edición de Correlingua que foi presentada esta mañá no Pazo de Raxoi. A Gramola Gominola, Cuarta Xusta e a Menánika Rolling Band gañan os tres primeiros premios de Cantalingua, con Paco Nogueiras e Pauliña no cuarto posto. As cinco bandas serán as protagonistas das festas a celebrar nos centros repartidos por todo o país.