XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o expediente de contratación das obras para a reurbanización da rúa do Pombal

26/12/2023

O executivo municipal deu luz verde esta mañá ao inicio do expediente de contratación das obras de reurbanización da rúa do Pombal, cun importe base de licitación de 762.991,01 €. Tamén se aprobou de xeito definitivo o proxecto básico e de execución do parque infantil no espazo socioeducativo de Rial no lugar de Reibó (parroquia de Laraño) ao abeiro do Programa POS+ 2022 da Deputación Provincial da Coruña, cun orzamento de 124.999,99 euros.

Leer más

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

O Centro de Atención Integral a Persoas sen Fogar contará con 12 habitacións e espazos comúns, seguindo o modelo Housing First

26/12/2023

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude deu conta hoxe das modificacións introducidas no proxecto do Centro de Inclusión Social de Belvís, co obxectivo de que sexa un Centro de Atención Integral a Persoas sen Fogar, tal e como fora concebido orixinalmente. María Rozas explicou que o complexo contará finalmente con 12 habitacións, dúas delas dobres, e con espazos comúns como cociña, comedor ou lavandería, seguindo a filosofía housing first "que tén...

Leer más

ECONOMÍA E FACENDA

O Goberno municipal presenta un borrador de orzamentos para 2024 de 141 millóns de euros con "carácter social e igualitario"

22/12/2023

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, e o concelleiro de Economía e Facenda, Manuel César, presentaron esta mañá o borrador de orzamentos do Concello para o 2024. As contas, que superan os 141 millóns de euros, céntranse no gasto social, a promoción do emprego, a mellora dos servizos públicos e os investimentos nos barrios e parroquias.

Leer más

PLENO

O Concello de Santiago adhírese á Rede de Cidades pola Bicicleta

21/12/2023

O Pleno municipal aprobou por unanimidade a adhesión do Concello de Santiago á Rede de Cidades pola Bicicleta, asociación estatal composta por máis de 100 municipios cuxo fin é promover o uso da bicicleta a través do intercambio de experiencias entre as cidades membros e do impulso de políticas públicas que favorezan a mobilidade ciclista. Compostela dá deste xeito un paso máis na súa aposta pola mobilidade sustentable e a calidade de vida dos seus habitantes.

Leer más

LINGUA

Música, teatro, contos, xogos e moito máis nunha nova edición da Festa do Apego

20/12/2023

O sábado 23 de decembro, o Auditorio de Galicia acollerá unha nova edición da Festa do Apego, unha feira de contos, música, xogos, información e propostas na que nenas e nenos poderán gozar e socializar en galego durante todo o día. Entre as principais propostas, a mostra de recursos para experimentar, os xogos de Paporrubio e de Brazolinda ou a imprenta tipográfica, así como unha ampla programa de espectáculos musicais e escénicos que pechará co concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona. O programa...

Leer más

COMERCIO E LINGUA

O venres arranca 'Alameda en Xogo' dentro da programación de 'Compostela, a Estrela do Nadal'

20/12/2023

O próximo venres, coincidindo co inicio das vacacións escolares, comeza 'Alameda en Xogo', un programa impulsado polos departamentos de Comercio e Lingua, e enmarcado na programación de 'Compostela, a Estrela do Nadal'. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude deu conta hoxe das actividades, entre as que destacou a apertura dunha pista de xeo ecolóxica, da que se poderá desfrutar de balde. María Rozas incidiu na aposta do Goberno por "unha programación de Nadal moi...

Leer más

IGUALDADE

Santiago pon en marcha un protocolo pioneiro na creación de espazos de lecer nocturno seguros, libres e igualitarios

20/12/2023

O Pleno ordinario de decembro tomará coñecemento do acordo da Xunta de Goberno que aproba o texto do Protocolo para a abordaxe das violencias sexuais e LGTBIfóbicas, para promover a creación de espazos de ocio nocturno seguros, libres e igualitarios en Santiago de Compostela. Trátase dunha iniciativa pioneira que converte Santiago de Compostela na primeira cidade en aprobar un protocolo destas características.

Leer más
Compartir: