DEPORTES

Máis de 100 deportistas participarán este domingo no I Open Cidade de Santiago de Marcha Nórdica

06/05/2022

Este domingo 8 de maio terá lugar o I Open Cidade de Santiago de Marca Nórdica, unha proba organizada pola sección de Marcha Nórdica do Club Vía Láctea coa colaboración do Concello de Santiago e da Federación Galega de Montañismo. O evento coincide co Día Mundial da Cruz Vermella, polo que unha parte do importe da inscripción será destinado a este organismo.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello recibe esta fin de semana unha comitiva de Braga para a sinatura do irmandamento entre as dúas cidades o vindeiro luns

06/05/2022

Este domingo 8 de maio darase inicio a unha serie de actos no marco da sinatura do Protocolo de Irmandamento entre as cidades de Santiago e de Braga que terá lugar o próximo luns no Pazo de Raxoi. O documento, que será asinado polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Câmara Municipal de Braga, Ricardo Río, pretende fortalecer as relacións económicas, turísticas e culturais entre as dúas cidades.

Leer más

TURISMO

Abren ao público os baños da dársena de Xoán XXIII

06/05/2022

Hoxe abriron ao público os baños da dársena de Xoán XXIII, despois do acondicionamento que levou a cabo o Concello de Santiago; polo que xa están a disposición da veciñanza, dos usuarios do aparcamento, e das persoas que visitan Compostela.

Leer más

URBANISMO

O palacete da finca do Espiño destinarase a usos institucionais

06/05/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón; visitaron hoxe a finca do Espiño, onde se está procedendo á rehabilitación do palacete modernista, construído polo arquitecto Jesús López de Rego arredor do ano 1910. Nesta remodelación, que conta cun orzamento de execución de 1.425.922,9 euros, respectarase a estrutura orixinal do edificio.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O alcalde asiste ao acto de presentación de Vite Arquiva

06/05/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu esta tarde, no Centro Sociocultural José Saramago, ao acto de presentación de Vite Arquiva. Trátase dun proxecto de investigación, baseado na metodoloxía colaborativa, promovido polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas, o CSIC.

Leer más
Compartir: