IGUALDADE

Compostela lanza a campaña "Oes, ti" contra a violencia sexual

05/07/2021

A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou en rolda de prensa a campaña "Oes, ti" de prevención da violencia sexual, dirixida á educación en masculino. A campaña espallará pola cidade unha serie de mensaxes claras e concisas sobre o consentimento e a liberdade sexual das mulleres. Estas mensaxes serán colocadas nos establecementos adheridos ao programa Compostela, Territorio de mulleres de xeito que a cidade pase a ser un espazo libre de violencia sexual.

Leer más

DEPORTES

O Campus sur acollerá este sábado as Aulas Ciclistas de La Vuelta

05/07/2021

A organización de La Vuelta, que este ano remata cunha contrarreloxo en Santiago o vindeiro 5 de setembro, xa vai quentando rodas para animar a cidadanía a asistir á carreira. Neste ocasión, comeza coa cativada, para quen organiza as Aulas Ciclistas este sábado 10 de xullo na pista de fútbol sala do Campus sur. Presentou a actividade en rolda de prensa a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o presidente da Asociación de Ciclistas Profesionais, José Luis de Santos.

Leer más

EIXO ATLÁNTICO

A comisión executiva do Eixo Atlántico remarca a necesidade de reforzar e incrementar a participación dos concellos na xestión dos fondos post covid

05/07/2021

Esta mañá, en Viana do Castelo tivo lugar unha Comisión Executiva extraordinaria do Eixo Atlántico na que participaron por primeira vez os presidentes das Comisións Políticas creadas en virtude das conclusións da Conferencia de Alcaldes de Pontevedra así coma os expertos de alto nivel de cada comisión. Na sesión participou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o texto dos convenios de colaboración con Cáritas, ASPAS e Fundación Monte do Gozo

05/07/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o texto dos convenios de colaboración entre o concello de Santiago e tres entidades sociais; Cáritas Diocesana, ASPAS, e a Fundación Monte do Gozo, por un importe total de 171.000 euros. Estes acordos, impulsados pola concellaría de Políticas Sociais, que dirixe Mila Castro, teñen como obxectivo garantir a calidade de vida da cidadanía e unha orde social máis xusta e solidaria. Tamén deu o visto bo ás bases das convocatorias dos premios Educacompostela e Realia.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicado o contrato do servizo de mantemento e conservación do parque de Salgueiriños, reservado a centros especiais de emprego

05/07/2021

A Xunta de Goberno local adxudicou hoxe, por tres anos, o contrato de "Servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arboredo do parque de Salgueiriños do Concello de Santiago de Compostela, reservado a centros especiais de emprego", a favor da empresa Coregal Parques e Xardíns, por un importe de 370.260 euros.

Leer más
Compartir: