ALCALDÍA

O Concello ofrece á cidadanía un servizo gratuíto de limpeza de pintadas nos elementos de carpintería dos edificios da cidade histórica

15/10/2021

Co obxecto de combater o feísmo das pintadas e graffiti en portas, portalóns, fiestras e demais elementos de carpintería dos edificios da cidade histórica, o Concello de Santiago pon a disposición da veciñanza un servizo gratuíto de limpeza creado no marco dun proxecto de inserción laboral que presentaron esta mañá en rolda de prensa o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, e o responsable do departamento de Emprego, Xavier Ferreiro. Estará en funcionamento dende o luns 18 de outubro ata o vindeiro...

Leer más

TURISMO

Arrancan as probas de selección das tapas do XIII Santiago(é)Tapas

15/10/2021

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, asistiron esta mañá na sede desta entidade ao arranque das probas de selección das tapas do XIII Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela que se celebrará do 11 ao 28 de novembro.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Mañá finaliza a terceira edición do laboratorio de arte urbana "Elas tamén pintan" con distintas intervencións artísticas no barrio de Conxo

15/10/2021

Mañá sábado, 16 de outubro, as rúas de Conxo acollerán a intervención simultánea de cinco artistas profesionais, que realizarán cadansúa peza con pintura plástica e/ou spray, inspirada na identidade e patrimonio do barrio. Con esta acción finaliza a terceira edición de "Elas tamén pintan", un programa artístico-educativo, impulsado por 7H Cooperativa Cultural e subvencionado polo Concello de Santiago a través da Convocatoria de axudas de apoio a actividades culturais para o...

Leer más
Compartir: