ALCALDÍA

Tres policías locais incorpóranse ao VioGén

29/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo, asinaron esta mañá o protocolo que supón a incorporación definitiva de tres policías locais ao Sistema VioGén (Sistema de Seguimento Integral nos Casos de Violencia de Xénero), unha vez completado o seu período de formación. Foi no marco da celebración dunha nova Xunta de Seguridade Local na que, entre outros asuntos, se analizaron os índices de seguridade cidadá e as...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicado o espectáculo pirotécnico das festas do Apóstolo, que se celebrará ao tempo en oito localizacións da cidade

29/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que este martes o Goberno local adxudicou, nun Xunta de Goberno extraordinaria, o deseño, produción, montaxe e realización do espectáculo pirotécnico das festas do Apóstolo, por un importe total de 106.601 euros á empresas Pirotecnia Zaragozana. Cómpre lembrar que o espectáculo pirotécnico deste ano terá lugar, ao tempo e coas mesmas características, en oito localizacións diferentes na cidade.

Leer más

MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

O Concello de Santiago organiza un webinario sobre a resposta tecnolóxica e innovadora municipal aos retos da cidade

29/06/2020

O martes 7 de xullo, ás 10:00 horas, o Concello organiza unha webinar informativa na que se presentarán as conclusións sobre solucións tecnolóxicas innovadoras, froito da escoita ao mercado realizada no proxecto Smartiago, para responder aos retos de mobilidade intelixente e sostible, xestión sostible e intelixente dos residuos sólidos urbanos e alumeado ornamental intelixente para á conservación do patrimonio da cidade de Santiago de Compostela. Esta actividade conta co cofinanciamento da Unión Europea a...

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Este martes ábrese o prazo de solicitude das bolsas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares

29/06/2020

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este luns a convocatoria de becas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria para o curso 2020/2021. Polo tanto, a partir deste martes, 30 de xuño, ábrese un prazo de 15 días hábiles para presentar as solicitudes.

Leer más

EDUCACIÓN

Aberto dende mañá o prazo de solicitude de matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores

29/06/2020

A Xunta de Goberno Local aprobou os prazos e o procedemento de matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores para o curso 2020-2021, do que se benefician dez centros de ensino públicos: Apóstolo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (A Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola e Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores. O prazo de presentación de solicitudes de matrícula estará aberto entre o 30 de...

Leer más
Compartir: