FESTAS

Aberta "Prima20", a festa do comercio local

25/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado doutros integrantes da Corporación, fixo un percorrido a pé por varias rúas da cidade con motivo da celebración da festa do comercio local, Prima20, que arrincou este xoves e que se prolongará ata o domingo 28. Na visita tamén participaron representantes das asociacións comerciais: Paula Sánchez, de EmRede; José Manuel Bello, de Compostela Monumental; José María Seijas, de Comercio Punto Compostela; e José María...

Leer más

ALCALDÍA

Visita institucional ao CiMUS, que traballa na busca dunha vacina fronte a Covid-19

25/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou este xoves nunha visita ao Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), xunto co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da USC, Antonio López. Exerceron de guías o director e subdirectora deste centro singular da USC, Carlos Diéguez e Mabel Loza.

Leer más

PLENO

O Concello de Santiago aproba unha declaración institucional con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIA

25/06/2020

Na sesión ordinaria do Pleno celebrada este xoves, a Corporación aprobou por unha declaración institucional con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIA. Tamén se deu o visto bo á adhesión de Santiago de Compostela á Rede de Entidades Locais para a Axenda 2030, impulsada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Leer más

MEDIO RURAL E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Publicadas as listaxes de admitidos/as e de agarda de "Verán no rural"

25/06/2020

A Concellaría de Medio Rural vén de publicar as listaxes definitivas de admitidos/as e de agarda do programa Verán no rural, unha vez realizado o sorteo para aqueles centros socioculturais nos que había máis solicitudes que prazas dispoñibles (15 por cada centro). Este foi o caso de cinco dos seis locais nos que se realizará o programa (A Gracia, Figueiras, Lavacolla, Marrozos e Nemenzo), mentres que noutro, o de Villestro, acordouse aceptar as 16 solicitudes.

Leer más

TURISMO

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade lanza o seu segundo vídeo de promoción turística para o mercado nacional

25/06/2020

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade lanza hoxe o segundo vídeo da campaña de promoción turística dirixida ao mercado nacional. "Estámoste esperando" é o lema do vídeo producido por Readmore Films e que convida a redescubrir 15 cidades españolas con séculos de historia que este verán potencian o seu atractivo con novas medidas de seguridade e múltiples experiencias para gozar dos seus monumentos, dos seus eventos culturais, dos seus espazos naturais, da súa gastronomía e do seu...

Leer más
Compartir: