DEPORTE

Santiago, capital do xadrez grazas ao II Maxistral Cidade de Compostela

11/02/2020

Dende hoxe e ata o próximo 18 de febreiro, Compostela acolle a II edición do Maxistral Cidade de Compostela, un torneo que pretende impulsar os/as máis prometedores/as xogadores/as galegos/as e darlles a oportunidade de alcanzar os títulos de Mestre Internacional e Gran Mestre internacional, enfrontándoos a prestixiosos xadrecistas. As partidas desenvolveranse todas as tardes, a partir das 17:00 horas, no Hotel Hesperia Peregrino.

Leer más

TURISMO

Compostela acolle ata o o 18 de febreiro o II Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes "Kino Galicia"

11/02/2020

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asistiu hoxe no CGAC á presentación de Kino Galicia 2020, II Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes. Ata o 18 de febreiro, o Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá a segunda edición desta cita anual, que forma parte dun movemento presente en máis de oitenta cidades dos cinco continentes.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Grupo de Cidades Patrimonio aproba o seu calendario de eventos culturais, educativos e deportivos para 2020

11/02/2020

Este martes celebrouse un novo encontro da Comisión de Traballo de Educación, Cultura e Deporte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, no que se aprobou o novo calendario de eventos para este ano 2020. Entre estes destaca a III edición da Noite do Patrimonio, que se celebrará de forma simultánea nas 15 cidades do grupo o 12 de setembro; o III Circuíto de Carreiras Cidades Patrimonio, o VII Ciclo de Música de Cámara e a VII edición do programa Aula de Patrimonio,...

Leer más
Compartir: