ALCALDÍA

O grupo de expertos para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo reunirase por primeira vez o vindeiro mércores

08/11/2020

O grupo de expertos para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo manterá a súa primeira reunión o próximo mércores logo de que a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago acordaran a súa composición. O obxectivo é estudar as últimas evidencias en torno ás figuras e valorar accións para a súa reintegración no patrimonio público, seguindo unha folla de ruta sólida e consensuada como se fixo no caso do Pazo de Meirás.

Leer más
Compartir: