ALCALDÍA

O Concello pon en marcha un segundo plan de axudas para o sector da hostalería e o comercio, coa colaboración da Deputación da Coruña, por 3 millóns de euros

06/11/2020

O Plan Marco de Reactivación Económica Compostela 2020 aprobado en abril terá unha segunda parte neste mes de novembro co fin de axudar aos sectores que máis prexudicados se están vendo polas medidas restritivas decretadas pola Xunta de Galicia na loita contra a covid-19. Este segundo plan contará cun investimento de 3 millóns de euros, dos que dous procederán das arcas municipais e o terceiro, da Deputación da Coruña. Así o anunciaron el rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local adxudica contratos por un importe superior aos 3,5 millóns de euros e acorda distintas medidas para dar cumprimento ás novas normas anticovid

06/11/2020

A Xunta de Goberno, reunida hoxe en sesión extraordinaria e urxente, adxudicou oito contratos de obras e de servizos por un importe superior aos 3,5 millóns de euros, IVE engadido. Tamén se analizaron as novas restricións adoptadas pola Xunta de Galicia para frear a cuva de contaxios da COVID19 e se acordaron distintas medidas para dar cumprimento á orde do DOG do 4 de novembro.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Sábado de contos en Santiago co Festival Atlántica

06/11/2020

O Festival Atlántica comezará a xornada do sábado cunha sesión de Charo Pita no Centro Sociocultural de Vite para cativos con idades entre os 3 e 8 anos. A función, prevista para as 10.30 horas, levará por título ‘Menú de contos’ e para asistir cómpre reservar previamente a entrada no teléfono 981 542 490.

Leer más

SMARTIAGO

O concello de Santiago e GAIN constatan os avances do proxecto Smartiago neste último ano

06/11/2020

Hoxe celebrouse o Comité de Seguimento do proxecto SMARTIAGO coa Axencia Galega de Innovación; no que participaron, vía telemática, os concelleiros de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte; a concelleira de Modernización da Administración Local, Marta Abal; e a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey. No encontro presentáronse os importantes avances que se fixeron nestes últimos meses no marco do proxecto. Estes avances son:

Leer más

PROMOCION ECONÓMICA E EMPREGO

O Oficina de Promoción Económica oferta tres obradoiros online de balde sobre dixitalización e venda por internet dirixidos á hostelería, comercio e empresas culturais

06/11/2020

A Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago de Compostela, oferta tres seminarios de "Dixitalización e venda por internet" dirixidos aos sectores da hostelería, comercio e empresas culturais; tres dos sectores que máis están a sufrir a crise económica derivada da crise sanitaria da COVID19.

Leer más
Compartir: