PARQUES E XARDÍNS

O CIPX ofrece roteiros guiados e obradoiros aos centros educativos

18/09/2019

Neste novo curso académico 2019-2020, o Centro de Información Municipal de Parques e Xardíns (CIPX) do parque de Belvís, en colaboración co Departamento de Parques e Xardíns do Concello de Santiago de Compostela e Ferrovial Servicios, continúa a desenvolver o seu programa de sensibilización ambiental cunha oferta de actividades para os centros educativos composteláns.

Leer más

IGUALDADE

Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista

18/09/2019

Só un día despois de saír ao Obradoiro para mostrar a repulsa aos tres asasinatos machistas de Valga, a praza volveu acoller un minuto de silencio, desta vez para condenar o asasinato este martes dunha muller en Madrid. Segundo as estatísticas oficiais, esta é a víctima mortal número 42 da violencia machista en 2019, e a 1.016 dende que comezaran os rexistros estatísticos en 2003.

Leer más

a tribo

"A Tribo" busca modelos de equidade educativa para combater a desigualdade de oportunidades

18/09/2019

A concelleira de Educación, Noa Díaz, presentou en rolda de prensa a campaña A Tribo, unha intervención integral que pretende fortalecer as capacidades dos mozos e mozas en risco de exclusión, tanto dende o ámbito educativo como psicosocial. Baixo o lema "De maior quero ser coma ti", a campaña está promovida pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso), e o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxes), coa colaboración da Obra Social "la Caixa".

Leer más

ALCALDÍA E MOBILIDADE

Xincana ciclista para celebrar a Semana Europea da Mobilidade

18/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, saudaron os 50 nenos e nenas do CEIP López Ferreiro que participaron durante a mañá deste mércores na xincana organizada con motivo da Semana Europea da Mobilidade.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS E SAÚDE

A Corporación recibe a Bernardo Cortés tras realizar o Camiño en bicicleta nun reto solidario contra o cancro

18/09/2019

A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro; e os portavoces de PP, Alejandro Sánchez-Brunete; de Compostela Aberta, Martiño Noriega; e do BNG, Goretti Sanmartín, recibiron na praza do Obradoiro a Bernardo Cortés, funcionario do Concello de Nerja, en Málaga. Acaba de percorrer o Camiño de Santiago en bicicleta, nun reto solidario co cal xa leva recadados 30.000 euros para a Asociación Española contra o Cancro (AECC).

Leer más

ALCALDÍA

Este mes comezarán as obras de ampliación e renovación do Museo do Pobo Galego

18/09/2019

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse esta mañá co presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, nun acto no que tamén estivo presente o Consello Reitor da entidade. Ao rematar o encontro, o rexedor indicou que "está previsto que este mesmo mes empecen as obras de ampliación e renovación do espazo museístico, unha vez peche a actual exposición e queden dispoñibles as salas". Afirmou que ten pendente un encontro co conselleiro de Cultura para "complementalo co proxecto...

Leer más
Compartir: