IGUALDADE

"Contra a violencia, educación", lema central do manifesto municipal con motivo do 25N

25/11/2019

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá o acto principal do Concello de Santiago con motivo da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Corporación presidiu esta cerimonia, na que se leu un manifesto institucional e na que diversos centros escolares representaron proxectos realizados para a ocasión dentro dun certame organizado polo Concello.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde clausurou o acto de entrega de diplomas do programa "Social Media, Marketing dixital e Emprendemento"

25/11/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na entrega de diplomas ao alumnado do "Programa social media, marketing dixital e emprendemento", organizado pola Fundación INCYDE e a Cámara de Comercio no Viveiro de Empresas de Costa Vella, e no que colabora o Concello compostelá. O rexedor felicitounos, e destacou a colaboración que o Concello mantén co órgano cameral. "Estamos moi contentos do labor que se vén desenvolvendo", dixo, engandindo que "vivimos nun tempo no que calquera...

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia pon en directo a banda sonora ao filme mudo "A caída da casa de Usher" no marco de Cineuropa

25/11/2019

No marco da 33ª edición do Festival Cineuropa, este xoves, 28 de novembro, proxectarase o filme A caída da casa de Usher (1928), de Jean Epstein. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. A Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo a banda sonora. A batuta levaraa o director madrileño José Antonio Montaño, no que será o seu debut coa orquestra.

Leer más
Compartir: