XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba unha prórroga provisional do aluguer do local sociocultural da zona histórica

18/11/2019

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou a prórroga do aluguer do local situado na rúa de Santa Cristina que vén sendo utilizado como local sociocultural para a zona histórica. A prórroga fíxase por nove meses (do 1 ao 30 de setembro de 2020, un período transitorio mentres o Concello dispón e acondiciona para o mesmo uso o inmoble que ten previsto na praza de Salvador Parga, tal como recordou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

"A cidade, o Camiño e nós", nos centros socioculturais

18/11/2019

A veciñanza de Santiago pode achegarse aos centros socioculturais e desfrutar ata finais de xaneiro do proxecto expositivo A cidade, o Camiño e nós, sobre a identidade da cidadanía de Santiago de Compostela e a xente que a visita, organizada pola Rede Galabra da USC coa colaboración do Concello de Santiago.

Leer más
Compartir: