EDUCACIÓN

As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños poñen en marcha os seus obradoiros de verán

27/05/2015

As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños poñen en marcha outra edición dos seus obradoiros de verán. Estas actividades teñen como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo aos nenos e nenas unha alternativa de lecer e tempo libre. Ofrécense 45 prazas, 15 para cada escola.

Leer más

EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música pecha o curso 2014-2015 con outros tres concertos

27/05/2015

Chega o fin de curso na Escola Municipal de Música e con el tres concertos que servirán para dar a coñecer o traballo realizado durante estes meses. A concelleira de Educación en función, Maite Cancelo, presentou en rolda de prensa estas tres convocatorias, que levarán as diferentes formacións da Escola e espazos coma o Paraninfo da USC, a praza do Toural e o Auditorio de Galicia.

Leer más

CONSORCIO

Once empresas optan a rematar as obras do primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación

27/05/2015

O Consorcio de Santiago sacou a concurso o remate das obras do que será o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en España, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. O 26 de maio remataba o prazo para que as firmas interesadas achegaran as súas ofertas. Presentáronse un total de 11 empresas.

Leer más

CULTURA

Dezanove concertos en espazos sigulares da cidade na décima edición do Via Stellae

27/05/2015

A concelleira de Cultura en funcións, María Antón, e o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, presentaron esta mañá, acompañados do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, a 10ª edición do Via Stellae. Serán 19 concertos que se celebrarán do 29 de xuño ao 15 de xullo en espazos singulares da cidade. Este festival conseguiu, na súa primeira década, consolidarse como un certame esencial no verán compostelán avalado polo...

Leer más
Compartir: