ALCALDÍA

Hernández expresa a honra que supón ligar o nome de Santiago a un acordo histórico para a loita contra o tráfico de órganos humanos

25/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu a benvida aos participantes na Conferencia Internacional de Alto Nivel sobre a Loita contra o Tráfico de Órganos Humanos, organizada polo Consello de Europa este mércores e xoves. O acto inaugural do evento, celebrado no Palacio de Congresos, contou tamén coa asistencia, entre outras autoridades, dos ministros de Xustiza, Rafael Catalá, e de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Alfonso Alonso; do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e do secretario xeral do Consello de...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde presentou #ComposGastroBlog e a segunda edición de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega

25/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presentou os dous eventos que Turismo de Santiago organizará no mes de abril para consolidar a marca Compostela Gastronómica como unha ferramenta para a promoción da cidade como destino gastronómico. O alcalde estivo acompañado pola concelleira de Turismo, Reyes Leis, e polo director do grupo de cociñeiros e profesionais asesor de Compostela Gastronómica, o cociñeiro Siro González.

Leer más

SERVIZOS SOCIAIS

"A nosa vida en positivo" regresa en abril

25/03/2015

A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, acompañada por Lola Sanz, orientadora do IES Antonio Fraguas, e pola traballadora social Eva González, presentou a segunda edición do programa A nosa vida en positivo, que se desenvolverá durante o mes de abril.

Leer más

CULTURA

Sete concertos #atlánticos# no ciclo Sons'15 para os meses de abril a xuño

25/03/2015

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou esta mañá a programación do ciclo Sons'15 para o segundo semestre do ano, os meses de abril a xuño. Nesta ocasión o ciclo chamarase Sons #atlánticos#, xa que o eixe vertebrador desta programación é o Atlántico: Galicia, Portugal e Brasil como puntos de referencia, dun ou doutro xeito. Son un total de sete concertos no Teatro Principal, Auditorio de Galicia, Salón Teatro, Auditorio Abanca e CGAC.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia inaugura o Festival de Músicas Contemplativas

25/03/2015

A Real Filharmonía de Galicia inaugura este venres, 27 de marzo, o IX Festival de Músicas Contemplativas. Este primeiro concerto celebrarase no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. Dirixirá a orquestra o mestre xamaicano Andrew Gourlay. Nesta cita reflectirase a paixón polo Clasicismo a través de Haydn, Beethoven e Brahms. Como contraste e complemento, tamén se escoitará a música do compositor finés Jean Sibelius.

Leer más

CULTURA

"Os Bolechas na máquina do tempo", este domingo no Auditorio de Galicia

25/03/2015

Os Bolechas chegan este domingo ao Auditorio de Galicia para presentar Os Bolechas na máquina do tempo, unha viaxe a través do tempo cun científico tiruleco. Será ás 18:30 horas e está organizado polo Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Leer más

CULTURA

Concerto das bandas viguesas Caraba e Inerttes este xoves na Zona C

25/03/2015

Dentro do ciclo Compostela Rock, este xoves teremos unha xornada de rock alternativo con dúas bandas viguesas: Caraba e Inerttes. Será a partir das 20:30 horas na Zona C. As entradas teñen un prezo de 4 € anticipada e 6 € o día do concerto. Poden retirarse no despacho de billetes do Teatro Principal, de 18:00 a 21:00 h de martes a sábado, así como na Reixa Tenda e o propio día do concerto na Zona C dende as 19:00 horas.

Leer más
Compartir: