COMERCIO

O programa Estrea Estilo! celebra a primavera coa presentación das novas coleccións do pequeno comercio da cidade

10/03/2015

A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou en rolda de prensa a terceira edición do programa de dinamización comercial Estrea Estilo!. A iniciativa ten como obxectivo presentar, exhibir e vender as novas coleccións primavera-verán do pequeno comercio da cidade nunha xornada lúdica con múltiples atractivos e incentivos para os clientes e visitantes.

Leer más

ALCALDÍA

Agustín Hernández destaca que o Bosque de Galicia permitirá integrar en Compostela a contorna da Cidade da Cultura

10/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou nunha visita á plantación do Bosque de Galicia xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Durante o acto, destacou a función ecolóxica que a plantación vai xogar para as Brañas de Sar e para Santiago, así como a accesibilidade que permitirá ao Gaiás coa súa rede de camiños, integrando a contorna do complexo cultural na cidade.

Leer más

CULTURA

Lars Vogt, Herbert Schuch e Alexandre Tharaud no VII Ciclo de Piano Ángel Brage

10/03/2015

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Maximino Zumalave, presentaron o programa do VII Ciclo de Piano Ángel Brage que se celebra no Auditorio de Galicia dentro do seu programa de abono. O ciclo será inaugurado polo alemán Lars Vogt o 19 de marzo; o 24 de abril estará Herbert Schuch e pecharase o 14 de maio co debut en Compostela de Alexandre Tharaud. Todos os concertos serán ás 21:00 horas.

Leer más

CONSORCIO

Un grupo de persoas con autismo e discapacidade intelectual asistiu aos ensaios da Real Filharmonía de Galicia como terapia

10/03/2015

Un grupo de persoas con autismo integradas no centro de día que ASPANAES (Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista da Provincia da Coruña) ten na localidade compostelá de Villestro asistiron aos ensaios da Real Filharmonía de Galicia. A orquestra, que esta semana ofrecerá dous concertos en Santiago e Pontevedra baixo a batuta do mestre Antoni Ros Marbà, convida unha vez máis a este colectivo para contribuír á súa mellora a través da música.

Leer más

CONSORCIO

O mestre catalán Antoni Ros Marbà dirixe esta semana a Real Filharmonía de Galicia

10/03/2015

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves 12, a orquestra desprazarase a Pontevedra, onde actuará no Teatro Afundación ás 20:30 horas. E o venres 13 tocará en Santiago, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o mestre catalán Antoni Ros Marbà, que foi director titular da RFG durante 14 anos. Na actualidade é profesor e director titular da Cátedra de Orquestra de Cámara Freixenet da Escola Superior de Música Raíña...

Leer más

CONSORCIO

Rematan as obras de limpeza e restauración da fachada sur do Pazo de Raxoi

10/03/2015

O Consorcio de Santiago promoveu as obras de renovación das carpinterías e limpeza da fachada sur do Pazo de Raxoi, sede do Concello compostelán. Os traballos tiñan un orzamento de algo máis de 120.000 euros. O obxectivo desta intervención era mellorar a eficiencia enerxética do edificio e selar as xuntas da fachada para garantir a total estanqueidade da mesma, así como acadar o confort térmico nas estancias municipais.

Leer más

SEGURIDADE E MOBILIDADE

Un detido por atentado a axente da autoridade

10/03/2015

A Policía Local de Compostela procedeu á detención dun home duns 30 anos de idade e de nacionalidade polaca por atentado a axente da autoridade. Os feitos ocorreron sobre as 22.00 h do día de onte, luns 9 de marzo, na praza da Quintana, cando un cidadán solicita a presenza policial por atoparse este home molestando aos clientes dun establecemento e ouriñando sobre as mesas e cadeiras.

Leer más
Compartir: