ACCIÓN CULTURAL

Arturo Ripstein e Miguel Gomes serán os Premios da XXIX edición de Cineuropa

05/10/2015

Programarase unha ampla retrospectiva do máis importante dos cineastas mexicanos e veremos o seu último filme ‘La Calle de la Amargura’, estreado recentemente en Venecia. De Miguel Gomes, recoñecido valor da vangarda do cine portugués, poderemos ver o tríptico ‘As Mil e Uma Noites’, cuxo volumen II representará a Portugal na candidatura aos Oscar.

Leer más

ALCALDÍA

A Corporación respalda as demandas da comunidade educativa do CEIP de Vite

05/10/2015

A voceira da ANPA, María Cernadas, intervíu para defender un aumento do persoal do centro na sesión plenaria, na que tamén se aprobou unha declaración institucional en apoio ás reivindicacións do colexio. Non foi a única declaración, tamén se deu luz verde a outra respaldando a Marcha Estatal contra as Violencias Machistas.

Leer más
Compartir: