CULTURA

"Atlas de geografía humana", de Almudena Grandes, dentro do ciclo Teatro & Danza

12/09/2014

O Centro Dramático Nacional e A priori Producciones traen ao Teatro Principal Atlas de geografía humana, de Almudena Grandes, obra teatral protagonizada por Ana Labordeta, Ana Otero, Arantxa Aranguren e Rosa Savoini. Dentro do ciclo Teatro & Danza e dirixida por Juanfra Rodríguez, poderemos vela o domingo 14, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas están xa á venta a un prezo de 18 euros (16 € no anfiteatro) no despacho de billetes do propio Principal, aberto de 18.00 a 21.00h, e en ABANCA (web e teléfono).

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Un novo servizo garantirá o mantemento de edificios e instalacións municipais

12/09/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, deu conta da adxudicación pola Xunta de Goberno do novo servizo de conservación, reparación e pequena reforma ou ampliación de diversos edificios e instalacións municipais. Nesta mesma sesión ordinaria deuse o visto bo ao proxecto de mellora da Carreira do Conde e aprobáronse varios investimentos para incrementar a eficiencia enerxética das instalacións de alumeado público.

Leer más
Compartir: