ALCALDÍA

As Xornadas de Música Contemporánea fomentarán e difundirán un ano máis as últimas tendencias e a innovación musical

11/09/2014

Déronse a coñecer no Museo das Peregrinacións e de Santiago as Xornadas de Música Contemporánea, que se celebran na cidade durante o mes de outubro. Esta renacida iniciativa ten un ano máis o obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación en música contemporánea, segundo apuntou o alcalde, Agustín Hernández, no acto de presentación.

Leer más

MOBILIDADE

Restricións circulatorias e desvíos do transporte urbano con motivo da chegada a Santiago da Volta Ciclista a España

11/09/2014

O vindeiro domingo 14 de setembro remata a Volta Ciclista a España na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Con tal motivo produciranse unha serie de restricións circulatorias na cidade que afectarán ao percorrido da proba: saída da Cidade da Cultura, avenida Manuel Fraga, Fontes do Sar, rúa Londres, rúa Roma, rúa San Lázaro, rúa da Muíña, rúa Porto de Amio, rúa Mariñeira, rúa Seoane, Amio, avenida de Asturias, rotonda Cruceiro da Coruña, avenida do Cruceiro da...

Leer más

DEPORTES

Uns 100 nenos e nenas participarán na II Mini BTT-DH Cidade de Santiago

11/09/2014

A Granxa do Xesto acollerá este sábado 13 de setembro a II Mini BTT-DH Cidade de Santiago. Uns 100 corredores de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos participarán nesta proba de descenso en bicicleta, organizada polo Club Ciclista Muebles Compostela e que conta coa colaboración da Concellería de Deportes.

Leer más

TURISMO

Turismo de Santiago convoca un concurso aberto para elixir un novo slogan de promoción turística da cidade

11/09/2014

Turismo de Santiago elixirá un novo slogan para desenvolver as súas accións de promoción da cidade mediante un concurso aberto no que poden participar tanto empresas como persoas físicas. As propostas presentaranse en man na Oficina Central de Turismo de Santiago, na rúa do Vilar 63, de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas. O prazo de presentación das candidaturas remata o 23 de setembro. A proposta gañadora recibirá un premio de 2.000 euros.

Leer más
Compartir: