DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE E MEDIO RURAL

O Concello investirá máis de 700.000 euros no acondicionamento de 37 pistas rurais e no contrato anual de rozas

17/07/2014

Celebrouse a primeira mesa de contratación co obxecto de adxudicar as obras de acondicionamento e mellora das pistas municipais nas parroquias de Santiago de Compostela. Con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2014), o Concello investirá 508.320 euros en 37 pistas de 17 parroquias do rural, alcanzando os 82.878 metros cadrados. O tempo máximo de execución é de catro meses.

Leer más

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O Goberno municipal porá en marcha un servizo de mantemento e conservación de máis de 100 edificios públicos

17/07/2014

A mesa de contratación que adxudicará o servizo de conservación, reparación e pequena reforma ou ampliación de diversos edificios municipais mantivo a súa primeira reunión. Este contrato sae a licitación por 630.800 euros e pretende aforrar custos e tempo ao Concello no mantemento e arranxo das instalacións municipais: centros educativos, instalacións deportivas, centros socioculturais, edificios municipais, vivendas, etc.

Leer más

TURISMO

Un novo concurso de Área Santiago premia as mellores fotografías do verán

17/07/2014

Área Santiago, o grupo de 16 concellos da zona de Santiago que colaboran na súa promoción turística conxunta, premiará as mellores fotografías do verán cun novo concurso que se desenvolverá entre o 17 de xullo e o 15 de setembro. O concurso foi presentado no Pazo de Raxoi pola concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis; o alcalde de Boqueixón, Jesús Sanjuás; e o tenente de alcalde da Estrada, Juan Constenla.

Leer más

ALCALDÍA

Agustín Hernández inaugura "Picheleir@s", unha mostra que recolle algúns dos oficios con maior peso histórico na cidade

17/07/2014

O casco histórico de Santiago espertábase esta mañá cunhas bandeirolas penduradas de 30 dos seus edificios. Trátase de Picheleir@s, unha exposición do Consorcio de Santiago que recolle a maioría de oficios e profesións que tiveron protagonismo na cidade dende a Idade Media ata a actualidade. Cada bandeirola mostra a un persoeiro real, cun oficio particular, e sitúanse na fachada dos edificios nos que viviron ou traballaron. Ademais, estase a preparar un libro en coedición coa editorial Positivas, que se...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde busca unha posición unánime da cidade en defensa da demarcación xudicial para trasladarlla ao Ministerio de Xustiza

17/07/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu os decanos dos colexios de Avogados, Evaristo Nogueira, e de Procuradores, José Paz. Na reunión tamén participaron os voceiros dos grupos municipais. Continúan así as xuntanzas con diferentes colectivos da cidade co fin de "buscar un posicionamento unánime da cidade en defensa da demarcación xudicial de Santiago, para así trasladarlla ao Ministerio de Xustiza", indicou o rexedor municipal.

Leer más
Compartir: