TURISMO

As conexións internacionais de Lavacolla superaron os 45.000 pasaxeiros en xuño

11/07/2014

O aeroporto de Santiago tivo 45.483 pasaxeiros nas súas conexións internacionais directas no mes de xuño, o que representa un crecemento do 28% respecto dos 35.547 pasaxeiros que houbo nestas conexións no mesmo mes do ano pasado. Trátase dun crecemento importante, sobre todo tendo en conta que o ano 2013 xa foi o ano con maior tráfico internacional na historia de Lavacolla.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A parroquia de Angrois contará en breve con novas áreas de lecer e cunha zona de descanso para peregrinos

11/07/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, anunciou a aprobación dos proxectos para dotar á parroquia de Angrois dunha zona de descanso para peregrinos, dun parque público e doutro infantil, así como dun campo da festa e dunha pista polideportiva. Estas actuacións, sumadas a outra de construción dun almacén para a asociación veciñal, suporán un investimento duns 300.000 euros, financiados por ADIF en base a un convenio que se asinará en breve.

Leer más

CULTURA

Germán Díaz, David J. Herrington, Andreas Prittwitz, Lookingback Quintet, Vox Stellae e Luis Martínez, no Festival Via Stellae

11/07/2014

O Festival Via Stellae, organizado polo Concello de Santiago e a Xunta de Galicia e que este ano celebra a súa 9ª edición, está chegando á súa fin, xa que o último concerto será o martes, 15 de xullo. Este sábado poderemos escoitar a Germán Díaz e David J. Herrington na capela da Orde Terceira a partir das 20:30 horas, dentro do Off#Stellae. Tamén no Off#Stellae estarán o domingo Andreas Prittwitz & Lookingback Quintet, nesta ocasión no Hostal dos Reis...

Leer más

DEPORTES

Cita este domingo para os afeccionados ao ciclismo nunha marcha urbana por Santiago

11/07/2014

Co obxectivo de contaxiar o entusiasmo e os valores do ciclismo entre os afeccionados, Movistar celebrará este domingo 13, por primeira vez en Santiago, unha das súas emblemáticas marchas ciclistas urbanas, capitaneada por Iván Gutiérrez e Igor Antón, membros do Movistar Team. A proba foi presentada en rolda de prensa pola concelleira de Deportes e Servizos Sociais, María José Corral, e o director de Movistar Galicia, Marcial Alonso.

Leer más
Compartir: