CENTROS SOCIOCULTURAIS

A 32ª edición do Festival Outono Fotográfico abre o seu prazo de inscrición

16/04/2014

A Concellaría de Centros Socioculturais informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar na 32ª edicción do Festival Galego de Fotografía, Outono Fotográfico, que se celebrará nos meses de outubro, novembro e decembro e que terá repercusión como outros anos nos centros socioculturais de Santiago, que exporan como outras salas e entidades colaboradoras en toda Galicia, os traballos artísticos seleccionados.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde continúa a rolda de contactos coas institucións da cidade para a defensa do partido xudicial de Santiago

16/04/2014

O rexedor compostelán, Ángel Currás, continúa as reunións con diferentes entidades da cidade para recabar apoios para o mantemento do partido xudicidal de Santiago tal e como está agora. Nesta ocasión tratábase da Cámara de Comercio, representada polo seu presidente, Jesús Asorey. A semana pasada mantivo un encontro cos decanos dos colexios de avogados e procuradores.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello revisará 67 parques infantís para adaptalos á normativa vixente de seguridade

16/04/2014

A voceira da Xunta de Goberno, María Pardo, deu conta dos asuntos tratados na sesión ordinaria entre os que salientan a adxudicación do servizo de reparación e adaptación á normativa vixente das áreas de xogo e dos circuítos biosaudables e tamén as obras de mellora nas rúas Quiroga Palacios, 25 de xullo e avenida de Vilagarcía. Outro dos asuntos tratados foi o cambio na normativa para permitir que as mascotas pequenas viaxen no autobús urbano.

Leer más
Compartir: