COMERCIO

Quince postos e obradoiro de monicreques para os máis pequenos este sábado nun novo Mercado de San Pedro

18/12/2014

Produtos variados subministrados por comerciantes do Barrio e actividades para nenos serán protagonistas no segundo dos Mercados de San Pedro, que se celebrará este sábado 20 entre as 11 e as 15 horas. A praza 8 de Marzo acollerá quince postos de venda nesta iniciativa, organizada polo Concello de Santiago e cofinanciada con fondos europeos FEDER no marco do programa Urbana Santiago Norte.

Leer más

DEPORTES

Máis de 200 nadadores, entre os que destacan Bea Gómez e María Vilas, competirán desde o venres en Santa Isabel polo campionato galego absoluto de natación

18/12/2014

A concelleira de Deportes, María Corral, acompañada polo presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Bremón Pérez; o presidente do Club Ciudad de Santiago, Fernando Pazos Ríos, e o director técnico, José Ángel Rioseco, presentou o campionato galego absoluto de inverno de natación que se desenvolverá na cidade os días 19, 20 e 21 deste mes.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Dous novos espectáculos de dinamización lingüística no Nadal para os máis pequenos

18/12/2014

Durante as vacacións escolares que van comezar, a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, da que forma parte do Concello de Santiago, ofrece en Compostela dous espectáculos para público familiar: a obra de teatro Espantallo Amigo e o concerto Cantigas da estrela. Presentounos en rolda de prensa a concelleira María Corral, acompañada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o artista Magín Blanco, e o responsable da editorial Galaxia, Xulio Amigo.

Leer más
Compartir: