COMERCIO

Oito establecementos de San Pedro serán nomeados embaixadores do barrio polas súas boas prácticas comerciais

10/12/2014

O Concello de Santiago pon en marcha o programa Embaixadores do Barrio de San Pedro, co que se busca resaltar as virtudes, beneficios e atractivos do barrio de San Pedro, un lugar para vivir, traballar, emprender, mercar e divertirse a través do seu comercio e hostalería, para así amosar o seu atractivo á veciñanza de San Pedro, de Compostela, e aos seus turistas e visitantes. Esta iniciativa, incluída no programa Urbana Santiago Norte e financiada pola Unión Europea a través dos FEDER, busca igualmente dar o merecido...

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Conxelados José Bermúdez, Promove Consultoría e Asociación Puntogal, distinguidos nos XV Premios Manuel Beiras

10/12/2014

A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, e o vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, Evaristo Rodríguez Carracedo, deron a coñecer en rolda de prensa os gañadores da XV edición dos Premios Manuel Beiras, que se entregarán este xoves 11 de decembro, ás 20:30 horas, no Museo das Peregrinacións e de Santiago. Conxelados José Bermúdez, Promove Consultoría e Formación e a Asociación Puntogal serán os galardoados nesta ocasión.

Leer más

ALCALDÍA

Concello e Xunta reactivan a oferta de vivenda pública en Santiago coa construción de 36 vivendas en Lamas de Abade

10/12/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a construción de 36 novas vivendas de promoción pública en Lamas de Abade, activando así de novo a promoción de vivenda protexida na cidade. O proxecto urbanístico permitirá mobilizar un investimento de preto de 8 millóns de euros. Así o indicou tras unha xuntanza mantida coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, na que tamén participaron a concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e o...

Leer más

COMERCIO

Decembro de mercados na praza 8 de Marzo

10/12/2014

A praza 8 de Marzo do barrio de San Pedro acolle este mes de Nadal a celebración de catro mercados, organizados polo Concello de Santiago como elemento dinamizador para animar as rúas e as compras no propio barrio. Os mercados celebraranse os sábados 13, 20 e 27, así como o martes día 30, en horario de 11:00 a 15:00 horas, e incluirán a realización de actividades dirixidas aos máis pequenos.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Últimas citas do ano 2014 de "Imos ao baile"

10/12/2014

Os Departamentos de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá preparan xa as últimas citas do programa Imos ao baile 2014, previstas para os sábados 13 e 20 de decembro.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia interpreta este venres unha selección dos fragmentos máis populares de "O Mesías" de Haendel

10/12/2014

A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, un concerto dedicado a O Mesías de Haendel. O vindeiro venres terá lugar a xa tradicional cita con esta obra, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director Edmon Colomer. A orquestra estará acompañada polas voces da soprano Elena Copons, do contratenor Jordi Domènech e do Orfeón Terra A Nosa -que dirixe o mestre Miro Moreira-. O concerto repetirase o sábado para o público familiar, ás 18:30 horas, nesta ocasión...

Leer más

CULTURA

Bunbury actúa este xoves en Compostela nunha data exclusiva tras anunciar a súa despedida temporal dos escenarios

10/12/2014

Tras o seu paso pola Península no mes de xuño e as cancelacións de varios concertos polo desprendemento de retina do guitarrista de Los Santos Inocentes (Jordi Mena), Bunbury ofrece unha serie de concertos baixo o título de ‘Últimos concertos na Terra’, xa que anunciou a súa despedida temporal dos escenarios. Entre eles e nunha data exclusiva en Galicia chegae este xoves a Compostela, dentro do ciclo Compostela Rock. Será ás 21:00 horas no Palacio de Congresos e as entradas, a 28,80 € + gastos, están á venda na Rede...

Leer más
Compartir: