DEPORTES

Deportes proxecta unha terceira instalación acuática para a zona sur da cidade

23/03/2012

O Concello está a traballar para dotar ao sur da cidade coa que sería a terceira instalación acuática da cidade. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, na presentación do terceiro partido polo título da Liga Galega Absoluta de waterpolo que enfrontará ao Club Waterpolo Santiago co Galaico de Pontevedra o sábado 24, ás 19:15 horas, na piscina de Santa Isabel.

Leer más

RECOLLIDA DE LIXO

O Concello pavimentará a parcela anexa ao Punto Limpo do Tambre para facilitar unha eficiente recollida do vidro

23/03/2012

O concelleiro de Barrios, Servizo de Recollida de Lixo e Limpeza Viaria e Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, anunciou que se está a executar obra de pavimentación na parcela anexa ao Punto Limpo do Tambre. O obxectivo é asegurar un eficiente depósito e recollida do vidro, evitando as devolucións que se veñen producindo nos últimos anos.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago pon a disposición do público os seus "Cadernos técnicos"

23/03/2012

O Consorcio de Santiago vai poñer a disposición do público os seus proxectos de rehabilitación na cidade histórica, presentados en forma de Cadernos técnicos. Neles recóllense as diferentes fases destes proxectos desenvolvidos nos últimos anos dende a Oficina Técnica-Taller de Proxectos do Consorcio. As publicacións foron presentadas nunha rolda de prensa presidida polo alcalde e presidente do Consorcio, Xerardo Conde Roa.

Leer más

ECONOMÍA

Dez entidades empresariais colaboran no novo programa "Santiago Investors Support"

23/03/2012

A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou o programa de actividades de Santiago Investors Support aos representantes das dez entidades empresariais que colaboran no mesmo. Estas dez entidades participaron na elaboración de diferentes partes do programa, en función das súas características e dos sectores aos que se dirixen. Nesta reunión tiveron oportunidade de ver todo o conxunto do programa, que se deseñou tendo en conta as suxestións de cada entidade e cunha visión global que dese coherencia interna as...

Leer más

BENESTAR SOCIAL E SEGURIDADE VIARIA

O Goberno municipal constata un cambio de hábitos no consumo de alcohol na vía pública

23/03/2012

A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, fixo balance das medidas de prevención e control do consumo de alcohol na vía pública postas en marcha nos últimos meses polo Goberno local. Segundo indicou, "constátase unha diminución da presenza de mozos na rúa durante a noite", destacando tamén o feito de que "dende hai tempo non está habendo botellóns no Campus Vida".

Leer más

BENESTAR SOCIAL

A Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego de Cooperación reuniuse en Santiago

23/03/2012

Santiago de Compostela acolleu unha das seis xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade convocou para este semestre. O Concello, socio da entidade, foi o anfitrión deste encontro que reúne o persoal técnico das Administracións asociadas para dar conta dos proxectos apoiados en países do Sur e amosarlles as actividades de sensibilización que poderán implementar ao longo de 2012.

Leer más

CULTURA

Daniel Higgs, nova proposta musical na Zona "C" dentro do ciclo Íntimo&Acústico

23/03/2012

Continúan as propostas de Íntimo&Acústico que , tal e como prometía, está deixando grandes citas musicais na nosa cidade. Este mes de marzo tivemos xa a Simon Finn e Palabra de Muller e o luns 26 chega a cita con Daniel Higgs. Con Simon Finn e Daniel Higgs chegan as propostas máis underground e alternativas do ciclo. A partir de abril estarán, entre outros e xa confirmados, a The Bright, Maika Makovski (con Gentle Music Men de teloneiro), Abe Rábade Trío e Sumrrá e, xa no mes de xuño, a Ariel...

Leer más
Compartir: