ALCALDÍA

O alcalde agarda que as medidas restritivas vixentes na cidade se flexibilicen a partir do venres 4 de decembro

27/11/2020

A pesar da boa evolución das cifras da pandemia na cidade, as restricións vixentes non se levantarán este venres 27 de novembro. Así llo comunicou o conselleiro de Sanidade ao alcalde nunha chamada que se producía mentres o rexedor comparecía en rolda de prensa. Está previsto que o comité clínico se reúna de novo o martes e tome unha decisión a este respecto de cara ao venres 4 de decembro.

Leer más

EMPREGO

Remata a edición máis virtual de Talentia

27/11/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e o ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, que asistiu de forma telemática, clausuraron o foro Talentia 2020, poñendo o broche final a unha edición especial marcada pola virtualidade a causa da pandemia. No acto tamén estivo presente o reitor da USC, Antonio López.

Leer más
Compartir: