CENTROS SOCIOCULTURAIS

A organización supramunicipal Kaleidos.red, da que forma parte o Concello de Santiago, define as súas liñas de actuación para 2021

26/11/2020

O padrodado de Kaleidos.red, organización da que forma parte o Concello de Santiago, aprobou as liñas de actuación do ano 2021 marcadas polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas, especialmente os números 16, no relativo ao fortalecemento das institucións; o número 17, de cooperación e xeración de redes para acadar eses obxectivos; e a aposta por cidades sostibles; como medio de facer fronte con garantías e eficacia aos desafíos que plantexa a actual situación de pandemia; así...

Leer más

ALCALDÍA

Talentia Summit ‘20 conságrase como a feira virtual de emprego de referencia

26/11/2020

Dende a apertura de inscricións, a web talentiasummit.com rexistrou máis de 43.000 usuarios activos e 300.000 vistas a páxinas, sendo a edición máis seguida de Talentia Summit. Mañá venres 27 ás 18.00h celébrase o Foro estratéxico de clausura, que contará coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e do ministro de Ciencia e Innovación Pedro Duque, que participará de forma telemática.

Leer más

PLENO

O Pleno dá o visto bo ao Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable do Concello de Santiago

26/11/2020

Na sesión ordinaria do mes de novembro, o Pleno da Corporación aprobou o PACES, o Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable, que busca diminuír nun 40%, como mínimo, as emisións de gases de efecto invernadoiro de aquí a 2030. Tamén se aprobaron por unanimidade dúas mocións para apoiar o comercio de proximidade e fomentar a compra de produtos galegos; e para iluminar o tramo de estrada que une Pazos coa Igrexa de Figueiras.

Leer más
Compartir: